Noticias
"El Camino de Santiago": cortometraxe gañador
"El Camino de Santiago" do cineasta Mario Monzó é a cutametraxe gañadora do Gran Premio do Xurado do SundanceTv Shorts, que celebra este ano a súa quinta edición para premiar as mellores curtametraxes internacionais.
"El Camino de Santiago" (O Camiño de Santiago) narra a historia dun home chamado Santiago que, cansado da súa vida monótona e aburrida, decide desaparecer sen previo aviso, roubándolle o coche ao seu irmán e intentando así dar un xiro de 360º á súa vida. A historia comeza nun tranquilo pobo do Camiño de Santiago durante a época estival. Eva María, a súa muller, entra nun estado de desesperación e semi-tolemia pola desaparición de Santiago, o que provoca que a súa mente se debata entre a sospeita de que a abandonou e que algo grave lle puido suceder. Á vez, ten que facer oídos xordos ás murmuracións da xente do pobo que pensan que Santiago se perdeu de festa. Non atopa explicación ao que ocorre pero, o que si ten claro, é que non parará de buscalo ata que apareza. Por iso, decide idear un plan coa única esperanza de poder atopalo.
O Xurado do evento valorou a curta como un filme que "conmove e divirte a partes iguais" e conclúe dicindo que "a obra de Mario Monzó fai que O Camiño acabe prevalecendo pola súa esencia por encima do destino".
"O Camiño de Santiago" será proxectado no Sundance Filme Festival: London que terá lugar do 30 de maio ao 2 de xuño e no evento anual de Sundance TV que terá lugar no Museo Guggenheim Bilbao. Así mesmo o curto emitirase en SundanceTv este mesmo ano.
SundanceTV Shorts ofrece unha plataforma única para dar a coñecer a cineastas emerxentes. O concurso conta coa colaboracion de Movistar+ , Fotogramas e o Sindicato de guionistas ALMA.