Noticias
CORREOS recomenda a App Rede de Albergues do Camiño de Santiago
CORREOS recomenda a aplicación móbil Rede de Albergues do Camiño de Santiago onde se poderá dispoñer da información necesaria sobre albergues, aloxamentos e servizos que atravesan a Ruta Xacobea.
Esta semana CORREOS axuda un pouco máis a todos aqueles que estean preparados para iniciar o Camiño de Santiago e a aqueles que teñan en mente realizalo. Nesta ocasión, recomenda a aplicación móbil Rede de Albergues do Camiño de Santiago, que actualmente, ofrece información práctica ao peregrino sobre o Camiño Francés.
A información que podemos atopar nesta App, descargable para Android en Play Store e con previsión de facelo en breve para Apple en App Store, son albergues, aloxamentos e servizos, tanto privados, como poden ser restaurantes, fisioterapeutas, supermercados, etc., como públicos, tales como, oficinas de Correos, centros médicos, policía ou ata oficinas de turismo.
Son servizos xeolocalizados para o uso do peregrino, o que o fai totalmente seguro. A previsión desta App é ir ofrecendo máis adiante servizos tamén doutras rutas do Camiño a Santiago de Compostela co fin de mellorar o apoio aos camiñantes.
Destacan, ademais, os diferentes servizos que ofrece o Camiño con Correos, que son: transporte de mochilas, envío de bicicleta e maletas, envío de paquetes, contratación de tarxetas prepago que permite gastar a cantidade que se cargou nela e que permite pagar desde o móbil descargando a App previamente desde Google Play, selar as credenciales, oficinas de Correos en diferentes poboacións ao longo do Camiño e consigna en Santiago de Compostela, moi próxima á Praza do Obradoiro para gardar mochilas, bastóns, bicicletas ou maletas, opción moi acertada tendo en conta que, a entrada á Catedral non permite o acceso con mochilas.
CORREOS traballa Camiño con paso firme e móstranos bos soportes día a día para facérnolo máis fácil e seguro.