Noticias
CORREOS entrega en “FairWay” os premios ás fotografías gañadoras do concurso “Os Valores do Camiño”
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2017.- CORREOS, en colaboración coa comunidade de peregrinos iPeregrinos, entregou os premios aos gañadores do concurso fotográfico “Os valores do Camiño” durante a xornada inaugural de “FairWay”, a feira profesional sobre o Camiño de Santiago que se desenvolve ata o martes 14 no Palacio de Congresos.
O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, foi o encargado de outorgar o primeiro premio a Manuel Blanco, de Santiago de Compostela. A imaxe gañadora foi tomada na Praza do Obradoiro e retrata a dúas peregrinas abrazándose a súa chegada a Santiago, representando o valor da Forza.
O segundo premio recaeu en Pablo Collanes, de Madrid, coa súa imaxe nocturna de dous peregrinos observando a Vía Láctea e representando a Paz. Recibiu o galardón de mans do presidente da Deputación de A Coruña, Valentín G. Formoso.
O director de Zona de CORREOS, Ángel Pérez, entregou o premio á terceira clasificada, Elia Álvarez Brito, de Sevilla, pola súa imaxe sobre a Hospitalidade, tomada no seu Camiño Sanabrés a Santiago.
Iago Rodríguez, responsable da comunidade de peregrinos iPeregrinos, foi o encargado de darlle o premio á imaxe máis valorada polos internautas no Facebook do Camiño con Correos. A fotografía foi capturada por Juan Carlos Navarro, de Albacete, e mostra unha peregrina alzando os brazos en fronte á Catedral.
Todas as imaxes gañadoras están expostas no Palacio de Congresos, para que os asistentes á feira coñezan en formato de calidade as instantáneas premiadas.
“Os Valores do Camiño en 12 meses”
O certame “Os valores do Camiño de Santiago” foi convocado este verano a través da páxina de Facebok “O Camiño con Correos”. Nel participaron máis de 750 imaxes que resaltaron valores esenciais do Camiño de Santiago e compartiron experiencias e vivencias comúns sobre o Camiño de Santiago.
Estes valores son: a forza, a paz, a sensibilidade, a solidariedade, a sustentabilidade, a diversidade, a integración, a amizade, a cultura, a esperanza, a espiritualidade e a hospitalidade. Este é o segundo ano que CORREOS e iPeregrinos lanzan un concurso de fotografía sobre o Camiño de Santiago.
Inauguración da Exposición da I Peregrinación Antártica
Os asistentes o Fairway poden ver tamén a exposición fotográfica “Camiño Branco-Camiño Antártico”, que resume en imaxes a Ruta Xacobea máis longa que se realizou: 14.075 quilómetros desde a Base Antártica “Gabriel de Castilla” ata Compostela. CORREOS colaborou cos xa bautizados pingüirinos e transportou os seus equipaxes durante as etapas finais da peregrinación.
A I Peregrinación Antártica a Santiago de Compostela é un proxecto xacobeo impulsado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago. O seu presidente, Luis Gutiérrez Perrino, foi o encargado de inaugurar a mostra en Fairway.