+34 981 573 145

Mesa 2 - Planificación, Coordianción e Dixitalización: Camiño Inglés

13/11/2017
18:00 hs

O Camiño Inglés celebra neste 2017 o seu ano, de acordo ao Plan Director do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021. O esforzo realizado nos últimos tempos para a súa dinamización, permitiu que esta ruta convértase na que comparativamente experimentou crecemento maior no periodo 2006-2016, multiplicándose por 12 o número de peregrinos rexistrados pola Oficina de Atención ao Peregrino.

Detrás deste aumento da demanda, está o traballo emprendido dende diversos niveis da Administración. Mentras que a Xunta de Galicia promoveu labores de recuperación e señalización de acordo á nova delimitación oficial, a Deputación Provincial de A Coruña desenvolveu en 2015 o proxecto Acción de Mellora do Camiño Inglés, cunha firme aposta pola dixitalización (a través da creación dun Sistema de Información Xeográfica e da dotación dun sistema de códigos QR). Ademáis, 14 dos 18 concellos que compoñen a ruta constituiron a Asociación de Municipios do Camiño Inglés e as localidades nas que se inician as dúas variantes do Camiño, as cidades de Ferrol e A Coruña, manteñen  un firme compromiso co impulso ao Camiño.

Neste marco indiscutible de apoio por parte de tas as distintas administracións públicas, reflexionaremos sobre cómo optimizar a cooperación entre todos os axentes en materia de planificación, xestión e promoción. Analizarase especialmente a coordinación entre as dúas variantes e as estratexias a impulsar nos próximos anos. Tras a decisión do Cabildo da Catedral de Santiago de conceder a 'compostela' aos peregrinos que realicen o Camiño Inglés dende A Coruña, ábrense novos interrogantes, como a posible extensión marítima do Camiño Inglés.

Por outro aldo, analizarase se o rápido crecemento de peregrinos rexistrado, traduciuse nun incremento ou recualificación da oferta turística existente e se esta é actualmente suficiente para absorber a demanda. O intercambio de opinións, e a análise conxunta de alternativas, permitirannos definir puntos estratéxicos para a dotación de servizos.