+34 981 573 145

Mesa 1 - Capacidade de Carga e Capacidade de Acollida no Camiño Francés

13/11/2017
16:00 hs

O Camiño de Santiago celebra o seu 30 aniversario como Itinerario Cultural, consolidado como un dos motores de desenvolvemento para o medio rural, especialmente en Galicia, onde casi un 44% dos concellos forma parte de algunha maneira das rutas que compoñen o Camiño.

Do crecemento que experimentou o Camiño ao longo dos últimos anos, dan boa conta as estadísticas que publica a Oficina de Atención ao Peregrino e que revelan que entre 2006 e 2016 o número de peregrinos multiplicouse por 2,77. Se ben, comparativamente, cada vez máis peregrinos optan por rutas alternativas ao Camiño Francés, o certo é que este continúa concentrando a maior parte dos fluxos (63% dos peregrinos en 2016).

Frente a estas cifras álzanse voces que advirten da masificación da uta; o que convida a reflexionar sobre o alcance desta afirmación e as súas consecuencias presentes e futuras, tanto dende a perspectiva da capacidade de carga física, como dende a perspectiva da capacidade de acollida da poboación local. Mentres que para uns, estas cuestións só afectan a determinados puntos ou tramos do Camiño, para outros é un problema integral que conduce ao Camiño a unha progresiva perda de identidade e espiritualidade.

Esta mesa abordará esta problemática dende unha óptica público-privada, a través da participación de axentes representativos de diversas escalas territoriais. Analizarase o papel das distintas administracións implicadas, e as ferramentas existentes para o mantemento da competitividade, sen esquecer que supón a proliferación de oferta turística non regrada.

O obxetivo final é detectar e analizar as posibles deficiencias na presentación de servizos e identificar medidas para a mellora na experienza do peregrino. Os resultados permitirán propoñer modelos de coordinación e extraer conclusións que sirvan non só para o Camiño Francés, senón tamén para outras rutas e outros Itinerarios Culturais.