Carlos Blanco e o Camiño de Santiago
Para alguén que vivíu 30 anos en Santiago facer o Camiño seria algo así como dar unha volta.
Carlos fixo o Camiño no seu día; fixo dous en realidade, e ten a idea de facer algún máis e plasmálo nos escenarios.
Xa o fixo de feito cun espectáculo chamado "Só" no que narraba, en clave de humor, aquela experiencia.
Mesmo ten dito múltiples veces o actor e monologuista que o primeiro monólogo que escribiu foi aquel que o levóu a ser finalista do certame de monólogos do Club de la Comedia: “Os pelegríns en Compostela”.
Ten pois material dabondo e longa experiencia para falar, con humor e con tenrura, dese Camiño que mesmo pasa na actualidade pola sua casa na Illa de Arousa.
Moitos vimbios para un cesto benhumorado e intelixente. Unha visión do Camiño única.
A de Carlos Blanco.
Entrada libre ata completar aforamento