+34 981 573 145

Mesa 2 - Planificación, Coordianción e Dixitalización: Camiño Inglés

13/11/2017
18:00 hs

O Camiño Inglés celebra neste 2017 o seu ano, de acordo ao Plan Director do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021. O esforzo realizado nos últimos tempos para a súa dinamización, permitiu que esta ruta convértase na que comparativamente experimentou crecemento maior no periodo 2006-2016, multiplicándose por 12 o número de peregrinos rexistrados pola Oficina de Atención ao Peregrino.

O Camiño Inglés celebra neste 2017 o seu ano, de acordo ao Plan Director do Camiño de Santiago en Galicia 2015-2021. O esforzo realizado nos últimos tempos para a súa dinamización, permitiu que esta ruta convértase na que comparativamente experimentou crecemento maior no periodo 2006-2016, multiplicándose por 12 o número de peregrinos rexistrados pola Oficina de Atención ao Peregrino.

Detrás deste aumento da demanda, está o traballo emprendido dende diversos niveis da Administración. Mentras que a Xunta de Galicia promoveu labores de recuperación e señalización de acordo á nova delimitación oficial, a Deputación Provincial de A Coruña desenvolveu en 2015 o proxecto Acción de Mellora do Camiño Inglés, cunha firme aposta pola dixitalización (a través da creación dun Sistema de Información Xeográfica e da dotación dun sistema de códigos QR). Ademáis, 14 dos 18 concellos que compoñen a ruta constituiron a Asociación de Municipios do Camiño Inglés e as localidades nas que se inician as dúas variantes do Camiño, as cidades de Ferrol e A Coruña, manteñen  un firme compromiso co impulso ao Camiño.

Neste marco indiscutible de apoio por parte de tas as distintas administracións públicas, reflexionaremos sobre cómo optimizar a cooperación entre todos os axentes en materia de planificación, xestión e promoción. Analizarase especialmente a coordinación entre as dúas variantes e as estratexias a impulsar nos próximos anos. Tras a decisión do Cabildo da Catedral de Santiago de conceder a 'compostela' aos peregrinos que realicen o Camiño Inglés dende A Coruña, ábrense novos interrogantes, como a posible extensión marítima do Camiño Inglés.

Por outro aldo, analizarase se o rápido crecemento de peregrinos rexistrado, traduciuse nun incremento ou recualificación da oferta turística existente e se esta é actualmente suficiente para absorber a demanda. O intercambio de opinións, e a análise conxunta de alternativas, permitirannos definir puntos estratéxicos para a dotación de servizos.

 

Moderador: Tono Mugico: Co-director de Fairway.

Antonio Leira: Concelleiro do Concello de Oroso.

Asistentes á mesa:

  • - Antonio Leira: Concelleiro do Concello de Oroso.
  • - Flavia Ramil: Gerente de Turismo de Santiago.
  • - Rafael Sánchez Bargiela: Director Gerente de la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
  • - Xosé Regueira: Deputado de Turismo da Deputación da Coruña.
  • - Lanzada Calatayud: Xerente do Consorcio de Turismo da Coruña.
  • - Helena Carro: Delegada de Turismo de Betanzos.
  • - Luisa Barro: Representante Asociación Empresarios Hostelería Ferrol y Comarca.
  • - Jorge Blanco: Gerente ADR As Mariñas-Betanzos.
  • - Rafa Benito: Director Hotel NH Finisterre (A Coruña).
  • - Alba Alvarez: Directora Hotel Carris Almirante (Ferrol).
  • - José Soto Martínez: Gerente Casa de Sixto, Turismo Rural (Paderne).
  • - Oscar Martínez: Responsable Central de Reservas MundiCamino.
  • - Carlos Rodríguez Carro: Director CENP-Escuela de Turismo (A Coruña).
  • - Manuel López Vázquez: Presidente de la Asociación Gallega de Amigos del Camino de Santiago.
  • - Manuel Ramos: Responsable de Formación APIT (Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia).
  • - José María Doce: Representante de Correos.
  • - Eloy Calatayud: Gerente de Wireless Galicia.