Mesa 1 - Capacidade de Carga e Capacidade de Acollida no Camiño Francés
O Camiño de Santiago celebra o seu 30 aniversario como Itinerario Cultural, consolidado como un dos motores de desenvolvemento para o medio rural, especialmente en Galicia, onde casi un 44% dos concellos forma parte de algunha maneira das rutas que compoñen o Camiño.
O Camiño de Santiago celebra o seu 30 aniversario como Itinerario Cultural, consolidado como un dos motores de desenvolvemento para o medio rural, especialmente en Galicia, onde casi un 44% dos concellos forma parte de algunha maneira das rutas que compoñen o Camiño.
Do crecemento que experimentou o Camiño ao longo dos últimos anos, dan boa conta as estadísticas que publica a Oficina de Atención ao Peregrino e que revelan que entre 2006 e 2016 o número de peregrinos multiplicouse por 2,77. Se ben, comparativamente, cada vez máis peregrinos optan por rutas alternativas ao Camiño Francés, o certo é que este continúa concentrando a maior parte dos fluxos (63% dos peregrinos en 2016).
Frente a estas cifras álzanse voces que advirten da masificación da uta; o que convida a reflexionar sobre o alcance desta afirmación e as súas consecuencias presentes e futuras, tanto dende a perspectiva da capacidade de carga física, como dende a perspectiva da capacidade de acollida da poboación local. Mentres que para uns, estas cuestións só afectan a determinados puntos ou tramos do Camiño, para outros é un problema integral que conduce ao Camiño a unha progresiva perda de identidade e espiritualidade.
Esta mesa abordará esta problemática dende unha óptica público-privada, a través da participación de axentes representativos de diversas escalas territoriais. Analizarase o papel das distintas administracións implicadas, e as ferramentas existentes para o mantemento da competitividade, sen esquecer que supón a proliferación de oferta turística non regrada.
O obxetivo final é detectar e analizar as posibles deficiencias na presentación de servizos e identificar medidas para a mellora na experienza do peregrino. Os resultados permitirán propoñer modelos de coordinación e extraer conclusións que sirvan non só para o Camiño Francés, senón tamén para outras rutas e outros Itinerarios Culturais.
Moderador: Mario Crecente: Gerente Crecente Asociados
Co-moderador: Julio Castro: Director Parador Hostal RRCC
Asistentes á mesa:
- - José María Ballester: Ex director de Cultura, Patrimonio Cultural y Natural del Consejo de Europa.
- - Joaquín Palacín: Director General Ordenación Territorio, Gobierno de Aragón.
- - José Ramón Ceresuela: Responsable de Area de San Juan de la Peña de la Sociedad de Promoción y Gestión del Turismo Aragonés, S.L.U.
- - Rafael Sánchez Bargiela: Director Gerente de la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
- - Juan Naveira: Director General de Patrimonio Cultural. Responsable de la gestión del Patrimonio Mundial, Xunta de Galicia.
- - Mercedes Lamela López: Jefa de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística y Patrimonio Histórico artístico de la Deputación de Lugo.
- - Flavia Ramil: Gerente de Turismo de Santiago.
- - Juan Carlos Serrano: Alcalde de Portomarín. Presidente de la Mancomunidad de Concellos del Camino Francés.
- - María Neira: Oficina de Atención al Peregrino, Catedral de Santiago.
- - Miguel Pazos Otón: Director del CETUR.
- - Ramón Braña: Director General Oca Hotels Galicia.
- - Joaquin Saavedra: Propiedad Pazo Sedor (Arzúa).
- - Pedro Quintana: Presidente de Agalber.
- - Borja Rodríguez: Albergue Vía Láctea (Arzúa).
- - Acacio de Paz: Albergue Acacio & Orieta (Viloria de Rioja, Burgos).
- - Luis Gutierrez: Presidente Federación Nacional de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago.
- - Roland Monsegu: Director Camino Ways.
- - Roberto Fernández: Representante de CORREOS.
- - Lynda Planchais: Vicepresidenta de APIT (Asociación Profesional de Guías de Galicia).