Blog
Vivindo o Camiño dende a infancia
Mencos, autor de decenas de guías para peregrinos e cun premio Aymerid Picaud á difusión do Camiño debaixo do brazo, é tamén un reputado xornalista, responsable da Editorial Bo Camiño e realizador da app baixo o mesmo nome.
Este relatorio dá comezo insistindo nunha idea principal, que se manterá presente ao longo de toda a exposición: A importancia de transmitir a información que sexa mester para o peregrino de maneira clara e concisa, garantindo que a mesma sexa verídica e de calidade, co fin de satisfacer plenamente as necesidades dos camiñantes.Así mesmo, Mencos fai alusión á transcendencia que supón transmitir todo tipo de información acerca das innovacións e modificacións levadas a cabo ao longo do traxecto, en relación a calquera dos aspectos que se poidan ver relacionados co mesmo.
Doutra banda, Mencos fai mención ás súas primeiras andanzas en relación ao Camiño, orixe que lle levo a ser consciente da gran diversidade de preguntas que poden xurdir aos peregrinos; moitas delas de carácter inverosímil, pero que aínda así deben obter resposta. Noutra orde, destaca o papel fundamental que xoga internet como método imprescindible para a transmisión de información na actualidade, marcando un antes e un despois na historia do Camiño de Santiago.
Finalmente, Mencos suxire a todo aquel que sexa partícipe dalgunha maneira neste traxecto épico, levar a cabo a tarefa de hospitalario, acollendo e axudando a todos aqueles peregrinos que o necesiten. Afirma que é unha práctica esgotadora pero sumamente gratificante, unha experiencia marabillosa que se converterá nun recordo inesquecible.