Blog
Un percorrido sobre a historia da arte Xacobea
María Pereiro Otero; directora de acción cultural da fundación "Cidade da Cultura", explícanos o proceso levado a cabo para a realización desta exposición, desde a formación do equipo ao resultado final.
En primeiro lugar, Pereira ilústranos achega do xurdimento desta idea no ano 2012, coa que pretenden poñer en valor o noso patrimonio cultural e relacionarse co exterior desde distintos puntos de vista, a través da colaboración con institucións internacionais, un importante compoñente para o nacemento deste proxecto. Pereiro alude á importancia de formar un equipo competente para alcanzar os obxectivos marcados, encomiando o traballo da comisaria da exposición María García-Alén. Seguidamente fai mención ás dimensións que quixeron abarcar mediante este traballo de creación propia, q van desde unha visión histórica ata un enfoque máis emocional, a través da participación directa dos peregrinos por medio do seu propio testemuño.
Para continuar, menciona a transcendente participación tanto dos patrocinadores como das asociacións santiaguesas vinculadas ao Camiño, sen os cales non sería posible o desenvolvemento deste proxecto. A través de 150 pezas esta exposición pretende mostrar a orixe de Santiago, desde a figura do apóstolo e o achado dos seus restos, ata a mostra dalgúns dos tramos máis relevantes do Camiño, no que poderemos ver os seus tesouros máis prezados, a través dos cales evocaremos as vivencias de tempos pasados.
Para finalizar toma a palabra Jesús Irisarri; arquitecto responsable do deseño da exposición, quen dá comezo ao seu relatorio facendo referencia á relevancia do Apóstolo Santiago, figura que deixou pegada tanto no referente a historia e tradición, como á creación artística e a transformación do territorio. Irisarri expón tamén as dificultades que leva transportar a paisaxe do Camiño a un recinto pechado, traballo para o cal tiveron que utilizar a súa capacidade de creación de espazos, tentando producir emocións e sensacións para transmitir de maneira real a esencia do Camiño, trasladando a estancia a outro lugar a través da arte.