Blog
Fairway: Vive a experiencia do Camiño
Hoxe en día é imposible falar do Camiño de Santiago e que haxa alguén na sala que non saiba do que estamos falado, xa sexa aquí, en Estados Unidos ou en Xapón.
Quen o coñece á perfección e, sobre todo, quen o probe, di que é algo adictivo, que engancha e que sen dúbida, merece a pena facer. Pero non son só os que realizan calquera das rutas cara a Compostela ou Finisterre os que forman o total do Camiño de Santiago. Na outra cara da moeda, tamén son moitas as empresas que axudan a que este fenómeno mundial cumpra coas expectativas do peregrino: establecementos hostaleiros e empresas provedoras dos mesmos, o sector hostaleiro ou mesmo o sector da seguridade.
O ideal para poder chegar a crear un Camiño mellor o día de mañá, sería xuntar a todos eses segmentos que o conforman para poder compartir impresións e opinións, aínda que a primeira ollada, parece imposible conseguilo.
Expondo estas cuestións e tentando crear un espazo que abarcase o fenómeno en toda a súa amplitude, xurdiu a creación de Fairway, o primeiro Fórum do Camiño de Santiago que consta de: un congreso aberto, formado por relatorios e mesas redondas sectoriais; unha feira profesional na que empresas e institucións poderán mostrar os seus recursos e servizos; e un workshop que propiciará reunións de intercambio comercial con destacados turoperadores internacionais.
Esta idea, naceu da man de tres empresas expertas na materia: Viaxes Viloria, Mr Turismo e Trevisani. Pero esta iniciativa, conta co apoio de numerosas entidadesque que decidiron sumarse á causa: conta con numerosos patrocinadores como é o caso de Correos e colaboradores como é o caso de Paradores.
A súa primeira edición, tivo lugar en 2015, e contou, no seu congreso, con 50 relatores de alto nivel; 50 expositores en feira; e máis de 100 empresas implicadas.
Ao longo das súas xornadas, realizáronse 1.200 citas de intercambio comercial entre empresas vinculadas ao Camiño de Santiago con máis de 25 turoperadores nacionais e internacionais.
Este ano 2017, Fairway realizará a súa segundo edición entre os días 12 e 14 de novembro no refutado Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela. Xa son máis 30 turoperadores distintos de 14 países os que participarán nesta nova edición. Ademais, os que estean por Compostela nestas datas, poderán gozar do Fairway City: unha sucesión de diferentes actividades de dinamización que se celebrarán nas diferentes rúas da cidade.
Queres coñecer o #CamiñodeSantiago desde outro punto de vista? Esperámosche en #Fairway2017.