Blog
Fairway: un foro con feira para reunir a todos os Camiños de Santiago
Si puideron botar unha ollada a esta web, ou se nos seguen a través das redes sociais, decataríanse de que sempre nos referimos a Fairway como un foro máis que coma unha feira; non é por casualidade. O equipo reunido para levar a cabo Fairway observou, grazas ao seu implicación no fenómeno xacobeo, que o Camiño abarcaba moitas experiencias: desde as persoas que se lanzan a camiñar en calquera ruta cara Compostela para atoparse a si mesmas ou para relacionarse con outros nun nivel que é único: nin amizades antigas, nin compañeiros de traballo, nin familiares pero reunindo un pouco de todas as anteriores, ata aquelas que chegan a Santiago atraídas polo seu polo cultural, gastronómico ou patrimonial. Así xurdiu a idea sinxela --e case dicimos que por iso é boa-- de Fairway: un foro para reunir a todos os Camiños de Santiago.
Despois están todos aqueles que fan posible que esta viaxe sexa unha realidade: hospitaleiros do Camiño, hostaleiros, axencias de viaxe, institucións públicas e privadas. Todos teñen algo que dicir sobre o Camiño, a todos múdalles a vida dalgún xeito. O Camiño non se acaba en Fisterra senón que é unha experiencia que se prende no ánimo de quen acaba a ruta. Hai moito que falar sobre isto, e aquí está o ágora. Fairway Fórum
Así que nos atopamos con que non só hai que escoitar a aqueles que fan o Camiño, senón que o resultado destas experiencias ten que chamar a todos aqueles decision makers para que comproben que o fenómeno da peregrinación conserva o seu carácter espiritual pero que transcende á categoría de fenómeno.
Pero que podemos atopar en Fairway?
A nosa web dispón agora mesmo de toda a documentación necesaria para que o sector profesional - axencias de viaxes, negocios de hostalería, decision makers, hosted buyers poida formalizar a súa asistencia.
Fairway Workshop: os días 15 e 16 de outubro, os hosted buyers, expositores e empresas interesadas contarán cun lugar de encontro para coñecer a outros axentes do sector e establecer e afirmar alianzas comerciais.
Fairway Pitch Show: Tes ideas novidosas para o Camiño de Santiago? Gustaríache un escenario para poder presentala? O Pitch Show é un formato de micro presentación no que dispoñerás de cinco minutos para presentar a túa idea ao público que estabas buscando. Nós axudarémosche con apoio audiovisual e técnico ¡Adiante!
Fairway Expositores: Estás interesado nun stand onde conectar co teu público? Necesitas un lugar no que explicar todo o que podes ofrecer ao Camiño de Santiago? ¡Non busques máis! Aquí e aquí atoparás todo o que necesitas saber (link expositores e contrato de expositores).
Fairway Patrocinio: dirixido a empresas privadas e institucións que queiran apoiar a Fairway. Por que? Pola notoriedade, por estar máis preto da xente que quere coñecerche, por participar na feira, porque paga a pena.
Fairway City: celebraremos a feira na impresionante Cidade da Cultura pero un foro como este non se pode entender sen a cidade de Santiago de Compostela. Fairway City recolle todas as actividades que terán como protagonista á milenaria capital de Galicia e a todos vós. Queremos que volvades sobre os vosos pasos en Santiago e para iso preparamos show cookings para que saborear de novo todos os manxares da cidade; un repaso á literatura e cine que se creou en Santiago. Credes coñecer Compostela como a palma da vosa man? Fairway City comprométese a que a nosa pequena cidade volva ser grande ante os vosos ollos.
Estamos preparando un gran encontro no que por fin nos poñeremos rostro todos os que facemos que o Camiño de Santiago, todos os camiños, estea vivo e chame a máis persoas cara a el.
Fairway vén, non o perdas.
¡Bo Camiño!