Blog
O misterio do Camiño de Egeria
López Pereira fai alusión principalmente a dous factores fundamentais no referente a Egeria: A súa orixe e o itinerario realizado.
En primeiro lugar convídanos a considerar a relevancia da devandita muller, quen nunha época tan remota como o ano 383 tivo a oportunidade de formarse en latín e emprender unha viaxe baixo o amparo dos soldados do imperio romano, dato transcendental a ter en conta, xa que dada a sociedade que vivía neste período o lóxico sería que as oportunidades que se lle brindasen fosen nulas pola súa condición de muller. Partindo desta base, López instrúenos acerca das dúbidas con respecto á orixe de Egeria, que a pesar de non poder ser confirmado, todos os datos parecen indicar que era unha monxa ilustrada procedente do primeiro reino independente suevo: Galicia.
Os textos de Egeria serviron como exemplo a figuras reputadas como foron San Valerio ou San Rosendo; abade fundador do mosteiro de Celanova, quen doou un manuscrito da viaxe de Egeria (actualmente en paradoiro descoñecido) e convidou os monxes a seguir os pasos da súa literatura.
Finalmente ,este experto latinista encomia o esforzo realizado por Egeria, levando a cabo unha dura peregrinaxe desde Occidente, a través de Exipto, O Sanaí, Palestina, Jersusalén ata Constantinopla, para elaborar un manuscrito épico que posteriormente se convertería nunha peza única para a nosa historia.