Blog
Cartografías do Camiño de Santiago: o Xogo da Oca
Algúns peregrinos preguntan ás veces pola etimoloxía dos pobos que se cruzan ao longo de Galicia. Aínda é un misterio para moitos porqué hai unha "Muxía" ou un "Camariñas", desde onde evolucionou e que quería significar. A orixe dos nomes dos pobos antigos está na súa disposición no terreo: antes dos mapas detallados, cando o GPS non era nin unha idea de bruxería, a xente nomeaba aos sitios para distinguilos doutros. A linguas eran mapas para quen sabían os códigos. Os mapas secretos sofisticáronse co paso dos milenios e calquera ruta coñecida durante os anos heroicos da Idade Media dispoñía de mapas oficiais e daqueles un pouco "crípticos". Entre as cartografías do Camiño de Santiago destaca, sobre todo, o popular Xogo da Oca.
Quen non pasou bos intres de tardes chuviosas viaxando sobre o taboleiro do Xogo da Oca? Pero a orixe deste antiquísimo pasatempo pode estar relacionado coa ruta xacobea.
A estrutura do xogo atópase en restos arqueolóxicos antigos: as escavacións do palacio de Creta do século XIX ensináronnos en Disco de Phaistos, que ten unha estrutura circular: é un disco de arxila de 16 cm de diámetro 2,1 de espesor. Ambas caras do disco conteñen unha espirais que están divididas en 30 e 31 casillas nas que hai gravadas imaxes.
Atopamos no medievo unha adaptación deste xogo cuns protagonistas coñecidos: a Orde dos Cabaleiros Templarios. A famosa e extinta orde mataba os tempos mortos xogado ao Nautilus, un pasatempo de mesa moi similar á Oca. A popularidade deste xogo non se debía á súa emoción, de feito, as regras da orde prohibían os xogos de dados ou o xadrez. O porqué deste taboleiro atópase nas imaxes que o decoraban: cada gravado das 63 casillas era un mapa criptográfico do Camiño de Santiago.
Ata a súa caída en desgraza, persecución e aniquilación, a orde dos Cabaleiros Templarios facía de gardián do camiño a Xerusalén. Os templarios tamén coidaban da seguridade dos peregrinos a Santiago porque durante a Idade Media moitos dos seus tramos non se situaban en dominios cristiáns.
Pero era realmente un xogo? Cabo pensar que se usaba como unha guía do Camiño de Santiago. Este manual encriptado tomaba como referencia os carteis e marcadores que os mestres construtores colocaban en castelos, fortificacións e igrexas ao longo do Camiño. Aínda que non se conservan as referencias que propiciaron os gravados do Xogo da Oca, si entendemos que as ilustracións compoñen un xeroglífico coñecido por toda a Orde, e que permitía un entendemento a todos os cabaleiros da Orde, independentemente do idioma de cada un.
Era importante que o código pasase desapercibido e que un templario non tivese que ir cargando con ou taboleiro ao longo do Camiño, polo que é probable que os símbolos recollidos no taboleiro fosen as marcas en edificios e infraestruturas que deixaban os Mestres Construtores. O taboleiro serviría para ensinar ao iniciado: símbolos sinxelos que non espertarían sospeitas entre os profanos e que,ao tempo, serían fáciles de recordar.
Cal era o contido secreto da Oca? Atribuír un significado concreto sería especular. Ademais, é moi posible que a validez da información transmitida caduque. Aínda así, os expertos asocian algunhas casillas con localidades do Camiño, como a da ponte con Ponte A Raíña.
A procura dos símbolos templarios ocultos no Xogo da Oca aínda está aberta.
¡Bo camiño!
Foto de gibralfaro.uma.es e minimundos.wordpress.com