Blog
O papel de Protección Civil en Santiago de Compostela
Lembrámosvos a intervención na primeira xornada de Fairway de Begoña do Río sobre O papel de Protección Civil en Santiago de Compostela.
Como responsable de Protección Civil de Santiago, Begoña do Río posúe unha ampla experiencia en protección cidadá e actuacións en caso de emerxencias relacionadas co Camiño.
No seu relatorio, defende e pon en valor o traballo dos voluntarios de Protección Civil, mozos e mozas novos na súa maioría, que de forma altruísta deciden ceder o seu tempo para axudar aos demais.
Begoña explica que entre as principais funcións dos voluntarios, destaca a atención que se ofrece aos peregrinos chegando a Santiago, e a axuda á hora de liquidar calquera tipo de urxencia que suceda en durante os tramos do Camiño dentro dos límites da comarca.
Outro dos aspectos que subliña durante a súa charla, é a colaboración dos voluntarios coas forzas e corpos de de seguridade en algo que considera moi importante; A protección do patrimonio do Camiño de Santiago, para que todos poidan gozalo.
Ademais, Begoña tamén afirma que Se nalgún sitio pódese atopar altruísmo, solidariedade e compañeirismo é no Camiño.
Aquí deixámosche a súa charla completa:
Tamén podes botarlle un ollo ao resto de relatorios do Fairway2015 na nosa canle de Youtube.