Blog
Camiño a Ávalon, unha peregrinación do pasado que volve ao presente
O solsticio do verán de 2015 xa sucedeu e con el, as celebracións que se estenderán esta semana por toda Europa. San Xoán é a denominación coa que a Igrexa adaptou os costumes europeos de celebrar a entrada do verán, estación mística para os pagáns deste continente: máis luz, calor, traballos agrícolas feitos...Non é de estrañar que o celebrasen ao grande. Hoxe en día podemos atopar celebracións que recuperan as festas nos lugares nos que a tradición ou a evidencia arqueolóxica indican un carácter sagrado. Desde fai varios anos, a peregrinación pagá a Glastonbury está en auxe; é o camiño a Ávalon, unha peregrinación do pasado que volve ao presente.
Aínda que a meta deste camiño sexa algo difusa, o espírito de fraternidade e comunidade coa natureza motivan que cada vez máis persoas, por crenza nas filosofías new age ou por curiosidade, achéguense a esta celebración no sur de Inglaterra.
Pero imos por partes: Que é Ávalon?
A mítica illa de Ávalon (que significa illa das mazás) era un lugar fose do tempo no que vivían fadas e seres míticos do folclore britano. Fíxose popular ao aparecer mencionado no ciclo artúrico. Despois de que Arturo Pendragón estivese a piques de morrer a man do seu sobriño-fillo bastardo Mordred no campo de batalla, as nove reinas ha das recuperaron o seu corpo e leváronllo ata esta illa mítica, onde se recupera das súas feridas e espera para regresar e reclamar o seu trono.
O ciclo artúrico foi, probablemente, un dos primeiros contos populares de gran difusión na Europa medieval, aínda que as fontes que orixinaron o mito nunca estiveron do todo caras. A illa de Ávalon, por exemplo, nunca foi identificada de certo pero desde o século XI apúntase ó outeiro de Glastonbury, en Somerset, como o lugar no que se abría este paraíso a medio camiño entre a tradición celta e a primeira asimilación cristiá.
Que podemos esperar si peregrinamos a Glastonbury?
A unha hora da cidade de Glastombury atopamos o monumento megalítico máis coñecido de Europa, Stonehenge. A tradición medieval atribuía a Merlín a súa construción aínda que as evidencias científicas sitúan o primeiro crómlech no 3100 antes de nosa era.
Unha peregrinación fóra de calquera consideración monoteísta. Non existen rexistros ou apenas hai teorías sobre o uso que lle daban a este conxunto, así que a peregrinación que se completou este domingo 22 de xuño, e que dá comezo a un festival de catro días, ten máis que ver coas tendencias neopagás e coa celebración do verán que co recordo dunha tradición codificada. Unha readaptación dun espazo cuns valores de comuñón coa natureza, celebración da mecánica celeste e a valorización do corpo.
O fenómeno da peregrinación, o impulso de percorrer camiños cara a metas cun significado transcendente e reunirse alí cunha comunidade coa que se comparten valores e modos de entender a vida segue conservando a súa vixencia a través dos tempos. Desde Fairway queremos coñecer os motivos de cada peregrino, as súas ideas sobre superar o reto de alcanzar unha meta, a alegría de atopar a outros ou a necesidade de deixarse a un consigo mesmo.