Blog
5 razóns para recorrer o Camiño de Inverno
Se estás a planear facer o Camiño de Santiago, probablemente a ruta do Camiño Francés sexa a primeira que se che vén á mente. Con todo, existen outras alternativas menos transitadas e igual de emocionantes e preciosas como o Camiño de Inverno. Se queres descubrir todas as calidades que fan desta ruta unha experiencia que vivir, segue lendo!
1. Un camiño moi alcanzable
Se che intimidan os numerosos quilómetros e os longos días de camiñata, o Camiño de Inverno pode ser unha boa opción para ti. Este carreiro conta cuns moi abordables 210 km., ideal se non estás afeito camiñar longas distancias ou se queres vivir a experiencia de peregrinar a Santiago pero dispós de pouco tempo para embarcarte na aventura.
2. Evitar os tramos nevados
Vir a Santiago polo norte de Galicia pode ser un reto especialmente dificultoso se te pos en marcha no inverno. Os cumes nevados de O Cebreiro complican a peregrinación nos meses máis fríos do ano e mesmo poden atrasar o teu camiño. De feito, este é un dos motivos polos que os peregrinos medievais preferiron esta ruta sobre o Camiño Francés, para evitar estes tramos cheos de neve e xistras.
3. Unha variante do Camiño Francés
O Camiño de Inverno tamén é unha boa posibilidade a considerar se xa completaches o Camiño Francés coa súa correspondente Compostela e desexas revivir a aventura de cruzar Galicia. Comeza a túa marcha en Ponferrada e segue as numerosas indicacións que che guiarán ata a capital galega. Ademais, este camiño tamén ten un punto de encontro coa Ruta da Prata á altura de Laxe.
4. Ao ritmo do Sil
Ademais da súa dimensión relixiosa, o Camiño é unha fabulosa maneira de descubrir as paisaxes máis características de Galicia e facer turismo. No caso do Camiño de Inverno, terás a oportunidade de recorrer ao longo do río Sil a través da provincia de Ourense e deleitarte cos seus famosos canóns, que a tantos viaxeiros e romeus cativaron.
5. Visitar as Medulas
Precisas dunha motivación para poñerte en marcha? Na primeira etapa, que vai desde Ponferrada ata Puente de Domingo Flórez (35 km) poderás facer unha parada nas Médulas, un lugar obrigado para facer un descanso e contemplar as espectaculares estruturas arqueolóxicas de orixe romana. Ademais, están declaradas Patrimonio da Humanidade.
Queres máis razóns para poñerche en marcha e percorrer a ruta máis invernal do Camiño? Visita a súa páxina web e descobre outras curiosidades e información sobre este Camiño de peregrinación compostelán, que de seguro che deixará con ganas de repetir. Desde Fairway recomendámosche vivamente á aventura, esperámosche en Santiago!