Blog
13 Plans en Compostela cando rematas o Camiño
Hai vida despois do Camiño? Pois claro! E precisamente, Santiago de Compostela é una dhas cidades con maior oferta de cousas que facer en Galicia. Dende Fairway, descubrimosvos os segredos mellor gardados da capital que ninguén debería perderse. Apuntade!
A Catedral e as súas 4 prazas
Déitate do revés para gozar da fachada no Obradoiro, emociónate escoitando ó gaiteiro no teu camiño a Azabachería, descubre cal é a Quintana de Vivos e cal a Quintana de Mortos (e busca nelas a sombra do peregrino á noitiña), observa os pes dos cabalos en Praterías e pérdete descifrando os significados da única portada románica que conserva o conxunto catedralicio.
Ademais, unha vez na catedral tamén podes buscar a cuncha de vieira máis grande que alí se grada, ou ben contemplar a zona histórica desde os tellados máis elevados de Compostela. Sabías que non hai ningún edificio máis alto que a catedral en toda a cidade?
De tapas pola zona vella
É momento para un descanso... Xa percorriches demasiados kilómetros! Que che parecen unha caña e unha tapiña nunha terraza? Os meses entre maio e outubro son os mellores para ilo, polo ambiente e, sobre todo, pola temperatura, que permite que todos os establecementos saquen as súas antucas ó sol. E xa que estás disfrutando do casco histórico, propoñémosche un reto: busca o timbre máis famoso da Rúa do Vilar (unha pista, tes que tocalo cos ollos pechados).
Un paseo pola Alameda
Agora que sabes que a catedral é o edificio máis alto da cidade, entenderás que por iso podes vela dende casi calquera punto da mesma. Non te deixes enganar polo nome, pero temos o ángulo perfecto para que te quedes cunha bonita postal: a Árbore dos Namorados, no Paseo da Ferradura, na Alameda. Se continúas polo mesmo, chegarás ó Mirador oeste, que te sorprenderá especialmente ó atardecer cunhas vistas ó cuidado Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.
Por suposto, non podes irte da Alameda (nin da cidade), sen saludar ás Marías, ese símbolo compostelán reflexado na figura de Maruxa e Coralia, dúas irmás que, a pesar da represión da dictadura franquista, todas as tardes saían a dar un paseo pola cidade no medio do ambiente universitario da época.
Seguro que agora tes, se cabe, máis ganas de chegar a Santiago, pero non te apures, disfruta do camiño, aquí agardámoste con moitos máis segredos!