WORKSHOP
O Workshop é o formato máis directo e profesional para sacarlle partido ao Fairway, pois permite coñecer a preto de 40 recoñecidos convidados (Hosted Buyers) que operan no Camiño de Santiago a nivel internacional. A clave destes encontros é facilitar o cruzamento de axendas entre os Hosted Buyers, os expositores e os demais participantes no Workshop. Nas súas dúas xornadas, pódense planificar ao redor de 3.500 reunións de traballo.
Datas:
2 e 3 de novembro de 2023
Duración:
Mañás: 09.00 - 14.00 h
Tardes: 15.30 - 19.00 h
PARTICIPANTES
Quen poden participar no workshop?
Profesionais, empresas participantes e organismos públicos que estean interesados en presentar os seus produtos, destinos e servizos. Para tomar parte no workshop é necesario realizar previamente a inscrición.
Hosted Buyers
TTOO’s, axencias de viaxes emisoras, centrais de reservas e axencias on-line, convidados pola organización para participar no workshop.
Expositores
Profesionais, empresas participantes e organismos públicos interesados en presentar os seus produtos, destinos e servizos aos Hosted Buyers e demais participantes do workshop e feira, que contan con caseta no Fairway.
Outras empresas
Profesionais, compañías ou marcas con interese en dar a coñecer os seus produtos ou en ampliar liñas de negocio a través dos encontros cos distintos operadores do sector.
DINÁMICA
Visita con cita previa das casetas o 1 de novembro
Os Hosted Buyers recibirán aos expositores, co-expositores e profesionais rexistrados no workshop os días 2 e 3 de novembro
É IMPRESCINDIBLE CUMPRIR Os HORARIOS ESTABLECIDOS POLA ORGANIZACIÓN PARA O BO DESENVOLVEMENTO E AXILIDADE DAS NUMEROSAS CITAS AXENDADAS.
INSCRIPCIÓN
As empresas ou profesionais que queiran participar no workshop deben cubrir un formulario acerca dos servizos e/o produtos que ofrecen para casar a axenda cos Hosted Buyers.
A organización xestionará as citas entre Hosted Buyers e rexistrados ao workshop e comunicarase a todos os participantes uns días antes da celebración do workshop.