Fairway é o único Fórum de profesionais do Camiño de Santiago
O primeiro congreso con feira tematizado co fenómeno xacobeo a nivel internacional amplía horizontes cara ao sector turístico en xeral
Fairway chega á súa quinta edición poñendo á túa disposición relatorios, mesas redondas, talleres, feira de emprego, reunións de traballo e outro tipo de actividades pensadas para todos os públicos.
Open Day
Fairway comezará a súa quinta edición cunha xornada aberta á cidadanía. Ofrecerémosche distinto tipo de propostas, sempre relacionadas, dun ou outro modo co Camiño, que poderás combinar cunha visita ao noso amplo espazo expositivo.
Congreso
Propón tratar e tender pontes entre temas de actualidade e tendencias, así como aspectos formativos e de debate, con cuestións que realmente preocupen a un sector profesional moi amplo e de ámbito multidisciplinar.
Feria de Exposicións
Escaparate para mostrar ou coñecer as últimas novidades do sector e punto de encontro entre empresas, institucións e destinos turísticos.
Workshop
Permite coñecer a recoñecidos convidados (Hosted Buyers) que operan no Camiño de Santiago a nivel internacional.
Fairway Academy
Programa formativo que este ano centrará o seu interese nas vantaxes das ferramentas dixitais para o sector turístico. Ofreceranse mesas redondas e talleres impartidos polos mellores expertos do país.
Feria de empreo
Una das grandes novidades desta quinta edición de Fairway. Se estás a buscar traballo no sector turístico, poderás consultar ofertas laborais de diferentes empresas e concertar entrevistas.

Fairway é...
Un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude.
Un lugar de reflexión para atallar as necesidades e problemas deste itinerario cultural europeo, equilibrando os enfoques espiritual, relixioso e cultural coas ópticas turística e económica.
Un marco para o networking, a creación de redes de traballo para trazar o futuro desta contorna patrimonio da humanidade, conxugando as múltiples formas de entendelo.
O punto de encontro necesario de oferta e demanda, para dar consistencia ao produto turístico xerado ao redor dos roteiros a Santiago de Compostela.
Cultura, gastronomía e innovación ao redor da vía xacobea.
Internacionalización da rúa maior de Europa..
Intercambio de coñecemento, xeración de valores culturais, espirituais e económicos.
Liderazgo nos roteiros de peregrinación, un fenómeno en auxe.
Unha iniciativa aberta lanzada desde Santiago que sabe que os Camiños que levan a esta cidade son moito máis que ela soa.
Un lugar onde comprometerse e poñerse a traballar en beneficio do roteiro xacobeo por encima das diferenzas.
FICHA TÉCNICA
Sector:
Turismo, Viaxes, Ocio
Lugar:
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia Santiago de Compostela
Datas:
Do 01 ao 03 de novembro do 2023
Edición:
Quinta edición
Ámbito:
Internacional
Perfil expositor (Feria):
Empresas e/ou institucións implantadas ou que ofrecen servizos na área de influencia de calquera dos Camiños de Santiago.
Perfil visitante:
(Fairway Academy, Congreso y Workshop):
Público profesional: axencias de viaxes, hoteis, albergues, casas de turismo rural, retallistas, almacenistas, empresas turísticas receptivas, empresas de servizos.
Administración: institucións turísticas, dirixentes políticos e cargos das administracións implicadas.
Xeral: peregrinos, emprendedores e persoas interesadas no Camiño e/ ou na programación deseñada para o evento.