RELATOR
Juan Gestal
Profesor Emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Director da Cátedra de Hidroloxía Médica, USC-Balnearios Galicia
BIOGRAFÍA
Profesor Emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, Doutor honoris causa pola Universidade Nacional San Luís Gonzaga de Ica (Perú), é académico numerario das Reais Academias de Medicina e Cirurxía e Farmacia de Galicia e correspondente das Academias Nacionais de Medicina de Bos Aires e de Paraguai. Ademais, coordinou o programa de doutoramento de Saúde Pública da USC desde a súa posta en marcha a comezos dos anos 80 e as sucesivas adaptacións ata o actual “Programa en Epidemioloxía e Saúde Pública”. É un referente no campo e é unha das grandes figuras expertas de referencia durante a crise sanitaria da COVID-19.