+34 981 573 145

Jesús Hernández Galán

ponente

Director of Accessibility of the ONCE

Dende 2003 é director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE. Doutor Enxeñeiro de Montes, realizou estudios de Máster en Xestión de Empresas e Máster en Xestión Medioambiental. Ademáis, PDG polo IESE, Experto en Innovación pola Standford University e a London School of Economics e Global Management Certificate pola Thunderbird Global Management School.

 Desempeñou o posto de Director Xeral e CEO de Fundosa Accesibilidade entre 2000 e 2003. Actualmente preside a Plataforma Tecnolóxica Evia e é Vicepresidente da European Network for Accesible Tourism (ENAT). Así mesmo é Presidente do Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 170 - Accesibilidade Universal e Deseño para Todos de AENOR; Chairman Mandato 420 - Comisión Europea sobre accesibilidade en contorna construída; responsable de Proxectos especiais do sur e oeste de Europa do EIDD; membro do Xurado dos Premios Access City Award da Comisión Europea e membro do Xurado dos Premios Reina Sofía en Accesibilidade e Premios Reina Letizia en Accesibilidade.

Ademais, é Director do Master de Accesibilidade e Deseño para Todos da Universidade de Xaén, Director de Master Executive Economía Social da EOI e Director do Curso de Accesibilidade Universal do Colexio Oficial de Arquitectos Madrid e a Universidade Politécnica de Madrid. Ademais, é Editor Xefe da Revista Journal of Accessibility da UPC e membro de Comités Científicos de diversos congresos nacionais e internacionais. Dirixiu diversos proxectos de investigación financiados por Administracións Públicas españolas e pola Comisión Europea; impartiu multitude de relatorios en universidades españolas e estranxeiras e participou como codirector ou como membro do tribunal en 10 teses doutorais.

14
November
10:00 hs