

Viviendo Experiencias
VIVIENDO EXPERIENCIAS é unha empresa nova e dinámica, creada por persoas cunha longa traxectoria no mundo do turismo de aventura a nivel nacional e internacional cuxa paixón é dar a coñecer o que hai máis aló do turismo e facer de cada viaxe unha experiencia única.
Somos especialistas en VIAXES ORGANIZADAS Ao CAMIÑO DE SANTIAGO e na realización de actividades ao aire libre e natureza, sen esquecernos de visitas culturais ás cidades e pobos da contorna para coñecer mellor así a súa historia, patrimonio e cultura.
Os nosos clientes son persoas activas que buscan descubrir un destino, vivir unha experiencia distinta nun país que xa coñecen ou simplemente participar dunha forma alternativa de viaxar e ver o mundo.