Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
HOSTED BUYERS

HOSTED BUYERS

The Way Tours

Somos unha Axencia de viaxes integrada no grupo  Leontur, especializada en roteiros de sendeirismo e escapadas, deseñadas para todos os niveis, con destinos nada  masificados e que contan cun especial valor natural e cultural, para persoas que buscan experiencias exclusivas.

Somos especialistas na organización do Camiño de Santiago, tanto para grupos reducidos deseñados a medida, coa duración, datas e itinerarios que ti queiras, como nos nosos circuítos xa planificados con guía experto e  minibus onde  viviras a  experencia do Camiño dunha maneira máis cómoda.

Tamén che ofrecemos a posibilidade de facer o Camiño de Santiago  autoguiado, ao teu aire, nós encargámonos de todas as xestións, para que non teñas que preocuparte por nada.

Contamos con 20 anos de experiencia organizando roteiros polos lugares máis representativos do norte de España e Portugal, cun turismo consciente, sostible e de Km0.

Deseñamos experiencias únicas na natureza, viaxes alternativas con ioga e  mindfulness, roteiros de enoturismo e unha forma propia de vivir, sentir e compartir, onde queremos mostrarche os nosos costumes, gastronomía e a cultura cos 5 sentidos.

Vive novas sensacións e emocións e converte os teus días de descanso en intensos momentos que perduren para toda a vida.

Esta é a túa Axencia!

CONTACTO

web
Páxina web​

https://www.thewaytours.com/

Correo electrónico

info@thewaytours.com

País

ESPAÑA