Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
Home » Rutas, música, escape rooms, talleres de mindfulness e gastronomía centrarán o programa do Open Day de Fairway

Rutas, música, escape rooms, talleres de mindfulness e gastronomía centrarán o programa do Open Day de Fairway

  • por

A cuarta edición de Fairway xa ten abertas as inscricións para todas as propostas que se desenvolverán no Palacio de Congresos compostelán entre os próximos 7 e 9 de novembro. Todas son de carácter gratuíto, previa formalización de reserva a través da web www.fairwaysantiago.com, cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias en materia de prevención contra a expansión da COVID-19 e dados os aforos limitados.

Entre as actividades, atópase a programación específica que se ofrecerá o domingo 7 de novembro, o Open  Day. Unha xornada na que Fairway abre as súas portas á cidadanía para que poidan descubrir todo tipo de destinos, empresas de servizos turísticos e outras propostas relacionadas co sector que se mostrarán no espazo expositivo, reconvertido en feira de turismo.

O prato forte desta xornada será o concerto de Xabier Díaz, que ofrecerá unha actuación en formato trío. A voz do músico coruñés complementarase cos acordes do acordeón de Roberto Grandal e a  zanfona de Iván Costa. O seu concerto, que dará comezo ás 19.00 horas, servirá como broche de ouro a unha xornada repleta de actividades de lecer que farán de Fairway o lugar perfecto para pasar un domingo do máis ameno.

Propostas para todas as idades e gustos

Actuacións musicais, rutas, propostas gastronómicas, diálogos ou actividades de lecer centrarán gran parte do programa desta primeira xornada do evento no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Así, o programa de lecer ofrecerá un percorrido polo último tramo de distintos Camiños de Santiago a través da proposta ‘I Camiño’, que terá lugar entre as 09.30 e as 13.30 horas.

Dada a excelente resposta rexistrada na anterior edición, regresarán a Fairway os Escape  Rooms, que se desenvolverán nos sotos do Palacio de Congresos. En grupos máximos de oito persoas, terán que descubrir todos os segredos que esconden as antigas pertenzas dun misterioso peregrino que chegou ao Palacio de Congresos. Os escape  rooms terán lugar de modo simultáneo en dúas aulas ás 10.30, 11.30, 12.30, 13.30, 16.30, 17.30 e 18.30 horas.

Para aquelas persoas que prefiran relaxarse, desde Fairway ofreceranse ata tres sesións de  Mindfulness. Os talleres comezarán ás 11.00, 13.00 e 17.00 horas.

Xa ás 13.00 horas terá lugar a presentación de O  teu  camiñar, cun  showcase a cargo da artista Carolina  Rubirosa. Esta é unha das cantantes e compositoras de maior proxección de Galicia, presentará “O  teu  Camiñar”, o  videoclip que acompaña á canción oficial de Promoción do Camiño Inglés, promovido pola Deputación da Coruña.

Para as persoas amantes da gastronomía contarán cun espazo ideal dentro do Open  Day de Fairway. O  Gastroway ofrecerá a oportunidade de achegarse aos pratos máis típicos que se poden atopar nas distintas comunidades polas que pasan os Camiños de Santiago cunha deliciosa selección de tapas que poderán degustar no propio Palacio de Congresos.

Toda esta programación servirá como reclamo para cidadanía e visitantes que terán neste evento o punto de encontro do sector turístico en torno ao Camiño de Santiago. Desde a organización lembran a importancia de inscribirse, xa que todas as actividades contan con prazas limitadas.

Dúas xornadas dirixidas a público profesional

Ademais do propio Open  Day, as xornadas do luns 8 e do martes 9 ofrecerán todo tipo de propostas dirixidas a profesionais do sector e a persoas interesadas no mundo do turismo. As seccións de Congreso e  Academy ofrecerán máis dunha ducia de mesas de debate, coloquios e talleres que congregarán a máis de 50 persoas expertas en diferentes campos. As propostas desenvolveranse simultaneamente e poderanse seguir tanto de modo presencial como a través de  streaming.

Do mesmo xeito que no caso anterior, todas as persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa inscrición previa a través da web. Cabe lembrar que a entrada ao recinto e o acceso ás actividades é libre, sempre previa reserva a través do formulario correspondente dispoñible en www.fairwaysantiago.com.

Paralelamente, ofrecerase un amplo espazo feiral, que contará con máis de 70 expositores de toda a Península Ibérica. Neles achegarase a oferta turística ao redor das Rutas Xacobeas. Ademais, ofreceranse reunións de traballo entre operadores turísticos e empresas de servizos e produtos do Camiño de Santiago. Parte deles, terán a oportunidade de descubrir os Camiños Portugués e Inglés nos  Fam  Trips que desenvolverán a próxima semana e que concluirán no propio Open  Day.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *