Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés
A lonxitude do Camiño Francés en Galicia ten, aproximadamente, 160 quilómetros. A zona mancomunada é testemuña deste percorrido, desde que o camiñante entra en Galicia ata que culmina o seu andar en Compostela.
Hai unha serie de etapas que o camiñante pode tomar como referencia para organizar o roteiro. Con todo,nós convidamos a que o peregrino faga unha percorrido libre de ataduras, escollendo os quilómetros que vai percorrer , que visitar, cando descansar, onde comer, onde durmir, … .
Os concellos que forman parte da mancomunidade (Arzúa, Melide, Moterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria, Triacastela) teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e publicitalo. Cada concello, cada lugar … ten espazos para o goce de peregrinos e turistas.
Camiños onde exerce a súa actividade
Camiño Francés
Stand:
362-363