Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
HOSTED BUYERS

HOSTED BUYERS

Living Camino

Son un viaxeiro apaixonado en coñecer lugares e culturas diferentes.  Ao longo dos anos o meu espírito viaxeiro  levoume a visitar numerosos países e a realizar roteiros espectaculares, desde subir a  Machupichu, facer o mítico roteiro 66, a percorrer camiños  salvaxes pola India e como non, alá polo ano 2000 realizar o meu primeiro Camiño de Santiago, onde escoitei por primeira vez esas palabras máxicas “Bo Camiño”. En todas estas viaxes coñecín culturas fascinantes e vivín momentos inesquecibles.

Froito da miña experiencia viaxeira e tras percorrer 5.000 quilómetros e pasar 300 noites no Camiño de Santiago nace  Living Camiño para ofrecer aos peregrinos EXPERIENCIAS ÚNICAS a medida, en función das súas motivacións e orzamentos. Todos estes quilómetros acumulando COÑECEMENTOS…, agora marcan a DIFERENZA co resto de ofertas existentes.

É o meu desexo que todo o que se propoña realizar o Camiño póidao facer independentemente das súas motivacións, orzamento e estado físico. Existe un camiño para cada un, todos podemos facer o Camiño.

Se te propós facer o Camiño de Santiago,  estarei encantado de axudarche a preparalo, aproveita a miña experiencia!

CONTACTO

web
Páxina web​

https://livingcamino.com/

Correo electrónico

info@livingcamino.com

País

ESPAÑA