

BIOGRAFÍA
Isabel Pernas é, xunto con Bea Barril e Sandra de Rego, unha das promotoras de Creativas Galegas.
Creativas Galegas é un colectivo formado por persoas e máis de 300 pequenas marcas, do campo cultural galego, que crean ou deseñan en Galicia e en cuxa filosofía prima o traballo de calidade.
Profesionais da artesanía, artistas, artes escénicas e pequenos e selectos produtores galegos, forman este colectivo multidisciplinar.
Únense baixo o lema: “…compartir para crecer!”. Desta maneira, a suma de moitas pequenas marcas fai que sexamos, no conxunto, unha marca grande, unha gran entidade.
O 5 de decembro de 2020, abriron unha tenda colectiva: O Mercado Galego da Creatividade. Un espazo cultural heteroxéneo, situado no centro histórico de Santiago, e no que podemos atopar un amplo abanico de artigos selectos e deseño artesanal galego.
As propias persoas creativas e artesáns atenden a tenda. Ante todo queren proporcionar un trato próximo e xerar experiencias humanas auténticas e únicas, un lugar de paz, ou como o describen moitos dos seus clientes, “un lugar con alma”.
Un museo para os/a amantes da arte, con sensibilidade pola cultura e o patrimonio cultural galego.
PARTICIPA EN
3-11-2023
ACADEMY > MESA REDONDA
12.00 - 13.00 H
SALA COMPOSTELA