Gumersindo Feijoo
Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica
BIOGRAFÍA
Licenciado en Química pola Facultade de Química da USC. Obtivo unha bolsa de FPI durante o doutoramento, presentou a tese doutoral en maio de 1994.
En outubro de 1994 accedeu á escala de Profesores Axudantes da Escola Universitaria no Depto. de Enxeñería Química da USC. En 1995 obtivo unha Praza de Profesor Axudante de Universidade no devandito Departamento. Finalmente, en setembro de 1995 postulou a unha Praza de Profesor Titular da Universidade na área de Enxeñería Química. En 2007 conseguiu a acreditación nacional para o Corpo de Catedráticos de Universidade no concurso oposición celebrado na Universidade Complutense de Madrid. Finalmente no 2008 accedeu á praza de Catedrático de Universidade da área de Enxeñería Química pola USC.
Durante estes anos realizou unha intensa actividade investigadora nas seguintes liñas de traballo:
– Catálisis encimática. Oxidasas e peroxidasas. Inmobilización en micro e nanopartículas
– Desenvolvemento e modelización de reactores encimáticos. Aplicación á biodegradación de compostos orgánicos (PAHs, tinguiduras industriais e PPCPs)
– Aplicación da metodoloxía da Análise de Ciclo de Vida a diversos sectores e procesos industriais
– Economía Circular, Ecodiseño, Ecoetiquetado, Ecoeficiencia e Pegadas ambientais
Coordinador do Máster Oficial en Enxeñería Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (2005-2008), Coordinador da Rede Temática Nacional de Análise de Ciclo de Vida (2002-2012), Director do Departamento de Enxeñería Química (2008-2017). Coordinador do Grao en Enxeñería Química (2014-2018). Participación activa nos procesos de Acreditación, destacando a acreditación IChemE da titulación de Enxeñería Química no 2010 e 2013, Grao e Máster en Enxeñería Química no 2018. Presidente da Confederación Española de Directores e Decanos de Enxeñería Química desde o 2017. Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica desde o 2018.
PARTICIPA EN
3-11-2023
ACADEMY > MESA REDONDA
12.00 - 13.00 H
SALA COMPOSTELA