
1-11-2023
OPEN DAY
Gastroway
Todas as persoas que visiten Fairway o domingo terán a oportunidade de achegarse á gastronomía do Camiño de Santiago cunha selección de tapas baseadas nalgunhas das receitas máis típicas das distintas vías xacobeas.
Entre os petiscos que estarán dispoñibles atópanse, entre outros, a fabada asturiana e o marmitako do Camiño do Norte; as patacas á rioxana e o cordeiro ao chilindrón do Camiño Francés; as faragullas estremeñas ou a sopa de allo da Vía da Prata; as pataniscas de bacalhau ou o frango grelhado do Camiño Portugués; e a empanada artesá ou a torta de Santiago coas que os peregrinos se atopan á súa chegada a Galicia.
Para maridar as tapas haberá tamén dispoñible unha barra de bebidas con viños dos diferentes territorios polo que discorre o Camiño.
Prezo tapa: 4,5 €
Entrada libre ata completar aforo
13.30 - 16.30 H
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA
