Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
HOSTED BUYERS

HOSTED BUYERS

Do Camino

DO CAMIÑO nace no ano 1997 no  ambito da educación e as actividades deportivas, onde os nosos primeiros pasos foron a  traves de colexios desenvolvendo as aulas matinais e actividades extraescolares de varios centros.

Co tempo ás tradicionais actividades extraescolares  uníronse outras propostas, campamentos urbanos, ludoteca para fins de semana e pontes, celebración de aniversarios… O seguinte paso foi comezar coa organización de pequenas viaxes dun  dia. Escapadas de carácter cultural e festivo como o Entroido de Cádiz, fallas de Valencia, San Fermín…

Un día xurdiu a idea de organizar o Camiño de Santiago como unha proposta diferente de lecer familiar. Con todo cal foi nosa sorpresa cando se uniron ao noso viaxe persoas de practicamente todas as idades. Isto fíxonos darnos conta do gran labor que podiamos facer ao ofrecer unha alternativa de camiño de Santiago alcanzable para todos os públicos.

Hoxe, tras máis dunha década organizando viaxes ao Camiño de Santiago contamos cunha ampla rede que abarca os diferentes camiños. O Camiño Francés desde Sarria, o Camiño Portugués desde Tui e Valença  do Minho, o Camiño  Mozárabe ou  Sanabres desde Ourense, e o tramo entre  Roncesvalles e Logroño entre outros.

CONTACTO

web
Páxina web​

https://docamino.es/

Correo electrónico

docamino@docamino.es

País

ESPAÑA