Ideas Peregrinas
Deseño e produción de Xogos e Mapas dos Camiños de Santiago.
Os produtos que editamos están inspirados no Camiño de Santiago e nas vivencias que experimentamos ao percorrelos. Tanto os nosos xogos como os Mapas do Camiño son unha pequena mostra da enorme variedade de elementos que compoñen o Camiño de Santiago, non só aquilo que vemos a nivel arquitectónico ou paisaxístico, senón tamén a gran diversidade humana e cultural que atopamos. Ofrecemos edicións personalizadas dos nosos produtos adaptadas á túa empresa.









