Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Expositores » Páxina 6

Expositores

Barco Variante Espiritual by Amare

  • por

Dentro do camiño de Santiago, somos unha empresa que se encarga de facer o roteiro desde Vilanova de Arousa ata Pontecesures, a cal pertence á Variante Espiritual.

Turismo Rías Baixas

  • por

Turismo Rías Baixas é o Servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra que ten como fin promover e potenciar todas as actividades que dalgunha maneira tendan ao fomento e desenvolvemento do turismo nos concellos da provincia de Pontevedra, así como mellorar a imaxe turística da mesma a través de diferentes accións e xestións.

TPNP2025

Turismo de Porto e Norte de Portugal

  • por

A Entidade Rexional de Turismo de Porto e Norte de Portugal ten ámbito rexional e un extenso alcance territorial agregando os 86 Municipios que constitúen a NUT II – Norte, é unha persoa colectiva pública, de natureza asociativa responsable pola valorización e o desenvolvemento das potencialidades turísticas da respectiva área,
É xestora de Camiños de Santiago no Norte de Portugal tendo como responsabilidade a súa promoción e valorización turística.

Tee Travel

  • por

Operador turístico receptivo especializado en España e Portugal, con máis de dúas décadas de experiencia creando viaxes personalizadas. A nosa proposta combina cultura, natureza e compromiso coa sustentabilidade, ofrecendo servizos integrais para axencias e operadores turísticos internacionais. Atendemos tanto a viaxeiros individuais como a grupos pequenos. Somos a axencia gallega con maior especialización no Camiño de Santiago.

Solpor

  • por

Desde Solpor traballamos na promoción do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, velando polo coidado do patrimonio material e inmaterial do itinerario e por mellorar a experiencia dos peregrinos.

Rutas Meigas

  • por

En Rutas Meigas creamos experiencias únicas para peregrinos que desexan percorrer o Camiño de Santiago e viaxeiros que queiran explorar o norte de España e Portugal. Desde a nosa fundación en 1998, deseñamos e organizamos excursións e roteiros turísticas a medida para viaxes individuais e en grupo.

Rexión de Murcia-Camiño da Cruz de Caravaca

  • por

O Camiño da Cruz de Caravaca é un dos principais atractivos de turismo interior da Región de Murcia, unindo espiritualidade, natureza e gastronomía. Conta con oito itinerarios de peregrinación que conectan distintas comunidades españolas cara a Caravaca de la Cruz. A Región de Murcia, no sueste de España, ofrece mar e montaña en harmonía, cun clima tépedo e máis de 300 días de sol ao ano. Caravaca de la Cruz é un dos cinco lugares santos do cristianismo. A súa Basílica e a reliquia da Santísima Cruz convértena en centro de fe e peregrinación. Visitar a Región de Murcia é vivir unha experiencia de cultura, espiritualidade e natureza.

Mancomunidade do Salnés

  • por

A Mancomunidade do Salnés é unha Administración Pública de carácter supramunicipal que está integrada polos concellos de: Cambados, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Ribadumia, Sanxenxo, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

  • por

Concello de Arzúa, Concello de Melide, Concello de Moterroso, Concello do Pino, Concello de Palas de Rei, Concello de Paradela, Concello de Pedrafita do Cebreiro, Concello de Portomarín, Concello de Samos, Concello de Sarria, Concello de Triacastela