Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Axencia de viaxes

Axencia de viaxes

AGENCIA TU BUEN CAMINO

  • por

Tubuencamino S.L. é unha axencia especializada no Camiño de Santiago que axuda a peregrinos de todo o mundo para vivir o Camiño da forma máis cómoda e auténtica posible. Encargámonos de todo: aloxamentos, traslados de equipaxes, almorzos e ceas, seguros e calquera detalle que faga máis fácil a experiencia. Traballamos cada día cunha ampla rede de aloxamentos, restaurantes e transportistas ao longo de todos os roteiros, coidando cada reserva coma se fose única. O noso equipo combina experiencia, paixón e un trato próximo cos provedores e axencias colaboradoras, buscando sempre solucións áxiles e prácticas. En resumo, somos unha axencia que coñece o Camiño desde dentro e que traballa para que todo funcione sen complicacións

HOTELES GBC

  • por

Somos unha cadea hostaleira que desempeñamos o noso traballo en diferentes puntos do camiño portugues, especializados neste camiño en concreto e con transfers propios tanto de persoas como de mochilas. Os nosos hoteis teñen spa, servizo de masaxes e restaurante de alto nivel

GALICIA TRAVELS

GALICIA TRAVELS

  • por

Galicia Travels é unha axencia de viaxes con sede en Santiago de Compostela que crea experiencias únicas en Galicia e máis aló. Especializámonos en excursións destacadas como #Finisterre e a Costa da Morte, recoñecidas co Travellers’ Choice de Tripadvisor. O noso equipo multilingüe e apaixonado deseña viaxes personalizadas, combinando cultura, natureza e autenticidade. Traballamos principalmente con grupos para facer as viaxes máis accesibles, aínda que tamén ofrecemos itinerarios individuais e apoio loxístico a terceiros. Damos prioridade á profesionalidade e a satisfacción do cliente, apoiados por centos de recensións con alta valoración. Cada percorrido que propoñemos é unha invitación para descubrir a esencia de Galicia con encanto e emoción.

tour galicia

TOUR GALICIA

  • por

Tour Galicia é unha empresa especializada en excursións culturais e experiencias guiadas por Galicia, con saída desde Santiago de Compostela e os principais portos de cruceiros.
Apostamos por un turismo responsable, próximo e de calidade, ofrecendo roteiros deseñados para mostrar o mellor do noso patrimonio natural, histórico e gastronómico.
Contamos cun equipo de guías profesionais e apaixonados pola nosa terra.
Ofrecemos servizos tanto para viaxeiros individuais como para grupos privados e operadores turísticos.
O noso catálogo inclúe visitas a lugares emblemáticos como Fisterra, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Lugo e Praia das Catedrais.
Viaxa co corazón. Viaxa con Tour Galicia.

AGENCIA GALIWONDERS

  • por

Galiwonders, axencia de viaxes especializada no Camiño de Santiago e outros roteiros de sendeirismo como o Camiño dos Faros. Deseñamos itinerarios personalizados, a pé ou en bicicleta, para viaxeiros individuais e grupos. Coa nosa nova marca Noré, convidámosche a vivir escapadas con alma por Galicia, descubrindo a súa natureza, cultura e encanto desde todos os seus ángulos.

SANTIAGO GATE

  • por

Santiago Gate chegou para quedar. Somos unha nova forma de vivir o Camiño de Santiago: exclusiva, coidada e con alma galega. Non se trata só de percorrer quilómetros, senón de sentir Galicia cos cinco sentidos. Creamos experiencias auténticas que combinan confort, emoción e cultura. Santiago Gate, o referente do peregrino premium que busca o seu lugar no Camiño.

TOXO TRAVEL TOXO GEL

  • por

Somos unha axencia de viaxes de Santiago de Compostela. A paixón por Galicia guía os nosos pasos.
Galicia é tan bela e tan especial que merece ser gozada a fondo: a súa cultura, a súa historia, a súa natureza, a súa gastronomía… Ten tanto que ofrecer que sempre se corre o risco de deixar algo atrás.
As nosas excursións desde Santiago de Compostela están deseñadas con auténtico mimo para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa terra.

Tee Travel

  • por

Operador turístico receptivo especializado en España e Portugal, con máis de dúas décadas de experiencia creando viaxes personalizadas. A nosa proposta combina cultura, natureza e compromiso coa sustentabilidade, ofrecendo servizos integrais para axencias e operadores turísticos internacionais. Atendemos tanto a viaxeiros individuais como a grupos pequenos. Somos a axencia gallega con maior especialización no Camiño de Santiago.

Rutas Meigas

  • por

En Rutas Meigas creamos experiencias únicas para peregrinos que desexan percorrer o Camiño de Santiago e viaxeiros que queiran explorar o norte de España e Portugal. Desde a nosa fundación en 1998, deseñamos e organizamos excursións e roteiros turísticas a medida para viaxes individuais e en grupo.