Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
Home » Aloxamento

Aloxamento

Padword

  • por

Descobre a nosa ampla gama de fechaduras intelixentes que se adapta a todo tipo de portas e aloxamentos. Aos máis modernos, aos clásicos de sempre, a novos modelos de negocio e ás necesidades de cada momento. Fechaduras sen contacto, elegantes e de deseño, con código para unha dobre seguridade. Con 6 modos de apertura diferente: Tarxeta NFC, Móbil, Mecánica, Pegada, Código e Remoto.

Omnitec Systems

  • por

Omnitec Systems acumula unha experiencia de máis de 25 anos desenvolvendo, fabricando e comercializando fechaduras electrónicas, controis de acceso, caixas fortes e minibares. Co dinamismo dunha empresa nova, un equipo técnico e comercial altamente especializado e unha rede de vendas consolidada en máis de 70 países, Omnitec é hoxe unha das marcas máis recoñecidas no sector, con garantía de calidade e servizo nos 5 continentes.

Oca Hotels

  • por

Empresa hostaleira con presenza en Galicia, Asturias, Portugal e Brasil. Traballa baixo tres marcas: Grand Oca (5*), Oca hotels (4* e 3* superior) e Duermingbeds (outras categorías).

Hospedium Hotel Group

  • por

Hospedium Hotel Group Cadea de Hoteis Independentes especializada en establecementos de xestión familiar aos que achega comercialización nacional e internacional, tecnoloxías de última xeración, asesoría profesional e asistencia permanente.

AVITURGA

  • por

AVITURGA é a asociación de ámbito autonómico e sen ánimo de lucro, que representa aos propietarios de vivendas de uso turístico en Galicia. Brindamos aos nosos membros servizos e asesoramento en materia de turismo e axudámoslles a mellorar a calidade das súas vivendas.