Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés
A lonxitude do Camiño Francés en Galicia ten, aproximadamente, 160 quilómetros. A zona mancomunada é testemuña deste percorrido, desde que o camiñante entra en Galicia ata que culmina o seu andar en Compostela.
Hai unha serie de etapas que o camiñante pode tomar como referencia para organizar o roteiro. Con todo, nós convidamos a que o peregrino faga un percorrido libre de ataduras, escollendo os quilómetros que vai percorrer, que visitar, cando descansar, onde comer, onde durmir…
Os concellos que forman parte da mancomunidade (Arzúa, Melide, Moterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria, Triacastela) teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e publicitalo. Cada concello, cada lugar… ten espazos para o goce de peregrinos e turistas.
Camiños onde exerce a súa actividade
Camiño Francés
Stand:
166-169