1-11-2023
OPEN DAY
Taller de Mindfulness
O mindfulness ou atención plena refírese ao estado mental que emerxe ao prestar atención ao momento presente de forma intencional, sen xulgalo e centrándose na experiencia inmediata. Quietude Mindfulness Center, radicado en Santiago, estará presente en Fairway Open Day para impartir talleres nos que iniciarnos nos seus múltiples beneficios cunha breve introdución ao mindfulness e unha pequena práctica. A duración será de ao redor dunha hora.
Actividade gratuíta. Prazas limitadas.
17:00 H - 19:00 H
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA