Open Day
Gastroway
13:30H - 16:30H
PALACIO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA
Todas as persoas que visiten Fairway o domingo terán a oportunidade de achegarse á gastronomía do Camiño de Santiago cunha selección de tapas baseada nalgunhas das receitas máis típicas das diferentes rutas xacobeas. Entre os pinchos que estarán dispoñibles están, entre outros, a fabada asturiana e o marmitako do Camiño do Norte; patacas á rioxana e año con chilindrón do Camiño Francés; Migas de Estremadura ou sopa de allo da Vía da Prata; as pataniscas de bacalhau ou o tramo grelhado do Camiño Portugués; e a empanada artesá ou a tarta de Santiago coa que se dan cita os peregrinos á súa chegada a Galicia. Para maridar as tapas, tamén haberá un bar de bebidas con viños dos distintos territorios do Camiño. Cada tapa terá un prezo de 2,75 euros.
Tapas dispoñibles:
Vía da Plata
- Migas extremeñas
- Sopa de allo
- Pulgas de lombo e de chourizo de Salamanca
Camiño do Norte
- Fabada asturiana
- Choricitos á sidra
- Marmitako
Camiño Francés
- Patacas á rioxana
- Cordeiro ó chilindrón
- Montadito de chistorra con pisto
Camiño Portugués
- Caldo verde
- Pataniscas de bacalhao
- Frango grelhado con arroz
Galicia
- Empanada artesá
- Caldo galego
- Montadito de xamón asado ou de lacón
- Tarta de Santiago