HOSTED BUYERS
Do Camino
DO CAMIÑO nace no ano 1997 no ambito da educación e as actividades deportivas, onde os nosos primeiros pasos foron a traves de colexios desenvolvendo as aulas matinais e actividades extraescolares de varios centros.
Co tempo ás tradicionais actividades extraescolares uníronse outras propostas, campamentos urbanos, ludoteca para fins de semana e pontes, celebración de aniversarios… O seguinte paso foi comezar coa organización de pequenas viaxes dun dia. Escapadas de carácter cultural e festivo como o Entroido de Cádiz, fallas de Valencia, San Fermín…
Un día xurdiu a idea de organizar o Camiño de Santiago como unha proposta diferente de lecer familiar. Con todo cal foi nosa sorpresa cando se uniron ao noso viaxe persoas de practicamente todas as idades. Isto fíxonos darnos conta do gran labor que podiamos facer ao ofrecer unha alternativa de camiño de Santiago alcanzable para todos os públicos.
Hoxe, tras máis dunha década organizando viaxes ao Camiño de Santiago contamos cunha ampla rede que abarca os diferentes camiños. O Camiño Francés desde Sarria, o Camiño Portugués desde Tui e Valença do Minho, o Camiño Mozárabe ou Sanabres desde Ourense, e o tramo entre Roncesvalles e Logroño entre outros.
CONTACTO
Páxina web
https://docamino.es/
Correo electrónico
docamino@docamino.es
País
ESPAÑA