Adopción canina
12:00 - 14:00H
17:00 - 19:00H
Carpa exterior do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
APACA, Asociación Protectora de Animais do Camiño, acompañaranos con algúns dos seus cans e cadelas. ¿Sabes que esta asociación recolle, recupera e coida aos cans abandonados, perdidos ou maltratados no Camiño de Santiago e que procura persoas dispostas a proporcionarlles unha vida mellor mediante adopcións responsables? Tamén leva a cabo campañas de sensibilización e lanzou a primeira credencial para os perregrinos. A carpa de Apaca contará coa presenza da súa xerente, Raquel Freiría e varias voluntarias da entidade. ¡Achégate a coñecer aos seus peludos! Igual aparece por ahí a túa estrela.