La Flecha Amarilla
Peregrinamos polo roteiro xacobeo para descubrir algunhas das mellores historias que ecoan neste itinerario. Creamos unha biblioteca humana para abrir un debate sobre o pasado, o presente e o futuro do Camiño de Santiago. Unha serie de podcast para escoitar cos cinco sentidos e aprender a gozar pausadamente dos camiños e da vida.
O proxecto componse do podcast “A Frecha Amarela” unha serie de entrevistas en profundidade sobre o Camiño de Santiago. (http://aflechaamarilla.es/) e o programa de Radio5 “Historias Peregrinas” https://www.rtve.es/play/audios/historias-peregrinas/ pequenas pílulas onde coñecemos a diferentes persoas relacionadas co Camiño de Santiago. Un programa que se emite os sábados ás 13.20 horas e os domingos ás 10.45 horas e no que xa participaron máis de 70 persoas.
Stand:
220-239