Participa nas actividades de Fairway!
Foro Turismo e Camiño
Cando Fairway iniciou a súa andaina en 2015 na Cidade da Cultura de Galicia, ninguén apostaba porque un foro como este sobrevivise 10 anos como punto de encontro dos profesionais públicos e privados do Camiño de Santiago. Dende os nosos inicios, apostamos por crear un espazo de diálogo e colaboración con moitas ideas, propostas, experiencias e solucións compartidas que foron deixando a súa pegada nestas edicións.
O turismo creceu na cidade, e énchenos de orgullo acoller a miles de visitantes que chegan a Santiago cada ano movidos pola espiritualidade. A primeira edición de Fairway deixounos unha frase que segue guiando o noso espírito: “O Turismo pode ser un camiño para chegar á verdadeira peregrinación”.
Hoxe estamos aquí: máis grandes, máis incómodos e con máis ganas de preguntar o que outros prefiren calar. Baixo o paraugas do “Foro de Turismo e Camiño”, nesta edición 2025 non nos andamos con rodeos. Poñemos o foco na sombra que planea sobre Compostela: a turistificación. Falamos con respecto e entendemento con quen decide, con quen o vive e con quen se xoga o futuro. Cando deixa o Camiño de ser Camiño para converterse no que non queremos? Benvidos ao debate que ninguén quere ter, e que non podemos evitar.
- Luns 10
- Martes 11
CONFERENCIA INAUGURAL
Buscando a excelencia na sustentabilidade
A palabra “sustentabilidade” aguántao todo. Pero aquí non vimos repetir lemas, senón a poñer as cartas sobre a mesa.
As principais administracións públicas colaboradoras de Fairway mostrarán como xestionan e promoven o Camiño de Santiago baixo a lupa da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Equilibrar turismo, patrimonio e sustentabilidade é posible… ou só un bonito titular?
Poñentes
- Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña
- Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia
- Codirectores de Fairway
AUDITORIO FAIRWAY
10:30 - 11:30 H
OPEN DAY
Escape room. “A reliquia do Apóstolo”, edición especial para estudantes de turismo
Nos túneles da Cidade da Cultura de Galicia atopáronse as antigas pertenzas dun misterioso peregrino. Dende entón, nada volveu a ser normal. Din que unha maldición cerne no edificio. Só quen se atreva a seguir as pistas poderá resolver o misterio do peregrino.
Aforo: 10 persoas por grupo
Sen custo
Imprescindible reservar praza a través da web
Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.
MUSEO PLANTA -1 (sala 4)
11:00 / 12:00 / 13:00 H
PAUSA CAFÉ
11:30 - 12:00 H
CONGRESO. MESA DE DEBATE
Turistificación: "Visitantes ou invasores?”
Santiago véndese como destino de ilusión, mentres lida co reto de xestionar a súa propia fama ás portas do Xacobeo 2027. A moratoria hostaleira, múltiples vivendas turísticas clausuradas, unha taxa turística que divide opinións, servizos públicos ao límite e un aeroporto tensionado. Éxito ou saturación?
Ao mesmo tempo, xorde a gran pregunta: invádennos os turistas ou simplemente veñen visitarnos? A turismofobia sobrevoa o social, pero é un temor minoritario, un clamor real ou un recurso político populista? Como podemos manter o noso esplendor sen matar o que nos fai verdadeiramente únicos? Podemos centrarnos en xestionar dunha vez o noso éxito ou seguimos rachándonos as vestiduras en supostos problemas que parece que o absorben todo? Debatemos sen filtros sobre a presión turística, a xestión do territorio e as políticas para aplicar para un futuro presente que aperta.
Poñentes
- Ildefonso de la Campa, director da Secretaría Xeral do Plan Xacobeo
- Representante de Turismo do Concello de Santiago de Compostela
- Teresa Ferreira, Directora de Promoción de Recursos Turísticos de Portugal
- Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia
- Bernardo Fernández, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés
- María Luisa Rodríguez, Presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía
- José María de Juan Alonso, Socio Director de Koan Consulting
- Xornalista especializado convidado
AUDITORIO FAIRWAY
12:00 - 13:30 H
Ponentes
PAUSA COMIDA
13:30 - 16:30 H
Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”
Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.
A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.
Cata dirixida por: Martín Gómez Toba, Técnico de Cultura Cervexa de Hijos de Rivera
Aforo: 20 persoas
Sen custo
Imprescindible reservar praza a través da web
Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.
MUSEO PLANTA -1 (Sala de presentacións)
16.00 a 16.45 h.
Obradoiro
Define os teus KPIs e mide os teus obxectivos de negocio
Todo o mundo fala de datos, pero poucos saben realmente que facer con eles. Sen análise, non son máis que números mortos. Cada visitante deixa un rastro de datos que, se se interpretan ben, axúdannos a tomar decisións estratéxicas, optimizar recursos e mellorar a experiencia turística. Este obradoiro pon de relevo que en turismo non gaña quen máis turistas ten, senón quen mellor sabe lelos.
AUDITORIO FAIRWAY
16:30 - 18:30 H
Moderador
Poñente
Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”
Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.
A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.
Cata conducida por: Mestre cervexeiro de Estrella Galicia
Aforo: 20 persoas
Sen custo
Imprescindible reservar praza a través da web
Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.
MUSEO PLANTA -1 (Sala de presentacións)
17:00 a 17:45 H / 18:00 a 18:45 H
Sorteo. “My Camino en Fairway”
En Fairway tamén se xoga. Consegue a túa credencial My Camiño no Punto de Información, visita os distintos expositores e sela as 10 casillas da túa tarxeta. Ao completar o teu percorrido, entrarás no sorteo de viaxes, estancias, experiencias e outros premios, cortesía dos nosos expositores e patrocinadores.
Explorar cada recuncho de Fairway ten premio!
CONGRESO. MESA DE DEBATE
A Compostela e os Camiños do século XXI: Democratización do Camiño a gusto de todos?
O Camiño de Santiago sempre abrangueu esforzo e símbolo, pero cambiaron as regras do xogo. Recentemente, a Oficina do Peregrino modificou as condicións para obter a Compostela. Agora basta con percorrer os últimos 20 km… e o resto podes sumalo en calquera outro tramo, dentro ou fóra de Galicia.
Quen sae beneficiado e quen prexudicado de tal decisión? Ao mesmo tempo, proliferan cada vez máis roteiros que, sen formar parte dos percorridos oficiais da Xunta de Galicia, permiten acumular quilómetros válidos para a credencial. Que vale máis, a tradición recoñecida pola Administración ou a flexibilización impulsada dende a Igrexa? Que criterios hai para o recoñecemento dunha ou outro xeito de conseguir a Compostela? Debatemos unha transformación que enfronta a definición do Camiño coa era da pos modernidade.
Poñentes
- Ildefonso de la Campa, presidente da Federación Europea do Camiño de Santiago
- Begoña González Loroño, subdirectora xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia
- Jorge Martínez-Cava, Representante da Federación Española de Asociacións do Camiño de Santiago
- Miguel Pérez Cabezas, presidente da Federación do Camiño Francés
- José Villa Plaza, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Caravaca de la Cruz
- Representante da Catedral de Santiago
Moderador
- Pepe Formoso, xornalista
AUDITORIO FAIRWAY
10:30 - 11:30 H
OPEN DAY
Escape room. “A reliquia do Apóstolo”, edición especial para estudantes de turismo
Nos túneles da Cidade da Cultura de Galicia atopáronse as antigas pertenzas dun misterioso peregrino. Dende entón, nada volveu a ser normal. Din que unha maldición cerne no edificio. Só quen se atreva a seguir as pistas poderá resolver o misterio do peregrino.
Aforo: 10 persoas por grupo
Sen custo
Imprescindible reservar praza a través da web
Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.
MUSEO PLANTA -1 (sala 4)
11:00 / 12:00 / 13:00 H
PAUSA CAFÉ
11:30 - 12:00 H
CONGRESO. MESA DE DEBATE
Taxa turística: A onde vai o diñeiro?
A taxa turística imos supoñer que xa non se discute. É a consecuencia natural dun sector en expansión. A verdadeira pregunta é outra. Como se xestiona o diñeiro que se recada? Reinvístese no mesmo ámbito, dilúese nas arcas públicas ou acaba servindo para parchear problemas que nada teñen que ver co visitante?
Abrimos un melón incómodo coa experiencia de distintas cidades para reflexionar sobre a eficiencia e transparencia desta ferramenta que, unha de dúas, pode servir como un instrumento para a sustentabilidade, ou quedar nun simple imposto encuberto de execución dubidosa.
Poñentes
- José Manuel Lage Tuñas, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica da Deputación da Coruña
- José Antonio Liñares, Voceiro do Sindicato de Hostelería de Santiago de Compostela
- Agustín Collazos, presidente de HOSPECO, Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña
- Representante do Concello de Santiago de Compostela
- Representante de Turismo de Barcelona
AUDITORIO FAIRWAY
12:00 - 13:30 H
Ponentes
OBRADOIRO
Chat GPT aplicado á xestión de negocios turísticos
A intelixencia artificial está a marcar un antes e un despois na maneira de viaxar e xestionar destinos e negocios turísticos. Aliada ou ameaza? Neste obradoiro explorarás como a IA converte datos en poder: anticipa o que queren os viaxeiros antes de que o digan, automatiza procesos e redefine estratexias debuxando unha xestión máis intelixente, áxil, precisa e sustentable. O turismo do futuro non o xestionará quen máis saiba… senón quen mellor manexe a máquina.
AUDITORIO FAIRWAY
13:30 - 14:30 H
Moderador
Poñente
PAUSA COMIDA
13:30 - 16:30 H
Cervexa e Camino. “Ruta Sensorial por la Cultura Cervexeira”
Do mesmo xeito que o Camiño de Santiago une peregrinos de todo o mundo, a cervexa foi durante séculos compañeira de roteiros, pousadas e encontros. Neste obradoiro para adultos exploraremos a historia compartida entre a viaxe e a cervexa, descubrindo estilos tradicionais europeos e propostas artesás locais inspiradas no espírito do Camiño.
A través dunha cata guiada aprenderemos a identificar aromas, cores e matices, mentres brindamos pola cultura cervexeira como patrimonio vivo e social. Un encontro para gozar, aprender e celebrar o pracer de parar… e compartir.
Cata dirixida por: Martín Gómez Toba, Técnico de Cultura Cervexa de Hijos de Rivera
Aforo: 20 persoas
Sen custo
Imprescindible reservar praza a través da web
Imprescindible estar na entrada da sala 10 minutos antes da actividade. En caso contrario, a súa praza será asignada á listaxe de espera.
MUSEO PLANTA -1 (escenario presentacións)
16:00 a 16.45 H /