O Museo dá Cidade da Cultura atópase en plena actividade coa montaxe do VI Fairway. Más de 70 expositores participan na Feira deste evento, que se desenvolverá entre os días 9 e 11 de novembro. A cita chega ao seu décimo aniversario coa súa edición máis internacional (con 43 operadores turísticos de 18 países no Workshop) e con máis actividades de lecer que nunca.
Ademais, o Foro Turismo e Camiño, que se celebrará o luns 10 e o martes 11 de novembro, traerá interesantes mesas de debate sobre o sector e talleres formación con profesionais de referencia nacional. No caso dos coloquios, por primeira vez, ofrecerase un servizo de tradución automática por IA a catro idiomas (galego, español, portugués e inglés).
Desde a organización móstranse moi satisfeitos coa “excelente acollida” que tiveron as máis de trinta propostas que se ofrecerán durante o evento e, máis concretamente, este domingo. “Na actualidade, só quedan algunhas prazas dispoñibles para os talleres infantís de origami e para o iCamino”, concretan as mesmas fontes. Do mesmo xeito, as prazas para as actividades do luns xa están esgotadas, quedando só algunhas para o martes.
Así, espérase a máis de medio milleiro de participantes nas distintas propostas con prazas limitadas do Open Day. Entre as iniciativas máis demandadas atópanse os talleres gastronómicos a cargo de Jorge Guitián, con Vermú e Queixos, e José Manuel Mallón, co showcooking de produtos de Artesanía alimentaria, con DOP e IGP. Do mesmo xeito, o aforo para o concerto final de Xabier Díaz atópase completo e con lista de espera, do mesmo xeito que no caso das diferentes sesións de escape rooms.
Menú completo no Gastroway – Vermut & Tapas A paisaxe que sabe
Desde a organización lembran que ao mediodía todas aquelas persoas que queiran poden acudir ao Gastroway – Vermut & Tapas A paisaxe que sabe da Deputación da Coruña e á sesión vermú a cargo de Señora DJ, “con entrada libre e sen aforo”. Entre as 13.30 e as 17.00 horas poderanse degustar produtos e pratos elaborados por recoñecidos cociñeiros da provincia.
“Preparámolo de tal maneira que se pode facer un menú degustación”, explican desde a organización. Deste xeito, pódese comezar co Vermú Lodeiros e Patacas Bonilla para continuar cos entrantes de Cienporcel (chourizo e salchichón de Porco Celta e queixo semicurado Campo Capela), A Conserveira (mexillóns en escabeche, sardinillas en aceite e zamburiñas en salsa de vieira) e A Empanada Viaxeira (con variedades a base de xoubas; zorza e pementos de Padrón, e de allo porro, améndoa e queixo San Simón).
Os pratos principais pódense degustar en Chichalovers, con dous brioches búrguer: a primeira, de roxóns, salsa afumada e queixo San Simón de Prestes (chamada Jastas Pista), e a segunda, con roxóns, salsa chipotle e pepinillos agridoces (Arredemo). Tamén no posto de Abella Espazo Gastronómico poderanse degustar as seguintes delicias: carrilleras de porco celta a baixa temperatura con cabaza asada e brioche recheo de rabo de Tenreira Galega, cebola morada encurtida, maionesa de habaneiros fermentados e Queixo Arzúa-Ulloa curado.
Para a sobremesa, as propostas da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo (con filloas recheas de trufa, crema pasteleira, amorodos con nata e mousse de caramelo) e de Xearte Brigitte (con xeados de amorodo, queixo Arzúa-Ulloa e Torta de Santiago). A degustación é totalmente gratuíta.
De modo paralelo, tamén se poderá visitar a exposición Elías Valiñas: O inventor das frechas amarelas. A mostra, composta por paneis explicativos e imaxes, poderase visitar na antesala do auditorio durante as tres xornadas do evento.
Sorteo de grandes agasallos por completar a credencial My Camiño
Con motivo do décimo aniversario da creación de Fairway, a organización levará a cabo sorteos diarios de viaxes, experiencias e packs de produtos con indicativo de calidade e orixe entre visitantes que completen a súa credencial My Camiño. Para iso, as persoas interesadas deberán recoller a credencial no espazo de Secretaría e percorrer a feira do VI Fairway solicitando ata 10 selos. Catro dos devanditos selos obteranse nas casetas da Deputación da Coruña, INORDE, Región de Murcia e Xunta de Galicia (no espazo de Experiencias de Calidade – AGACAL). Unha vez completada a credencial, deberase ir de novo a Secretaría para que sexa comprobada, cubriranse os datos de contacto e depositarase a participación na urna.
Os sorteos terán lugar todos os días ás 18.45 horas. As persoas agraciadas deberán estar presentes para poder recibir o premio. O domingo 9 sortearanse unha viaxe a Ilha Terceira (Azores) de 3 noites para 2 persoas (cortesía de YuTravel); unha estancia en Caldaria Hoteis Balnearios para dúas persoas (Inorde) e un lote de produtos galegos con calidade diferenciada (DOP, IXP, Produción ecolóxica e Artesanía Alimentaria). O luns 10 de novembro regalaranse unha experiencia en Caravaca de la Cruz (Murcia) para dúas persoas (Turismo da Región de Murcia) e un lote de produtos galegos con calidade diferenciada. Para o martes 11 de novembro resérvase o sorteo dunha estancia nas cabanas de Beche (Abegondo) para 2 persoas (Asociación de Municipios do Camiño Inglés) e un lote de produtos galegos con calidade diferenciada.
