EXPOSITORES
Deputación de Zamora – Rutas Xacobeas
A Deputación de Zamora é unha institución pública de carácter territorial cuxo ámbito de actuación é a provincia de Zamora, correspondéndolle o goberno e a administración provincial. Entre as súas competencias, e de acordo á Lei de Bases de Réxime Local, atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación do territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas.
Camiños onde exerce a súa actividade
Camiño Sanabrés, Portugués, Matritense, de Levante, Vía da Prata e de Poñente
Stand:
340 - 344