Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

CABECERA

COTOGA

O Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (COTOGA) agrupa a profesionais que traballan para mellorar a autonomía, a inclusión e o benestar das persoas a través de actividades significativas. O seu labor desenvólvese en ámbitos como a sanidade, a educación, os servizos sociais e a participación na comunidade, cun enfoque que combina prevención, promoción da saúde e intervención directa.

No Camiño de Santiago, a terapia ocupacional pode facilitar a que todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición de saúde, poidan vivir unha experiencia accesible, segura e enriquecedora. A presenza de COTOGA en Fairway permitirá visibilizar o papel do terapeuta ocupacional na creación de contornas máis accesibles, inclusivos e humanos, respectando e poñendo en valor o patrimonio cultural, social e natural do Camiño de Santiago.

COTOGA aposta por un Camiño inclusivo, no que todas as persoas poidan participar en igualdade de condicións

Vineta
Expositores

Stand:

011

CONTACTO

Persona de contacto
Persoa de contacto
Mercedes Seoane
email
Correo electrónico
Lugar
Localización
A Coruña
Telefono
Teléfono
676 40 26 31
Pagina web
Páxina web

linkedinfacebooktwitterinstagramYoutube