
CONGRESO
Fairway é, en esencia, un encontro empresarial co Camiño de Santiago como protagonista. Por iso, o Congreso proponse tratar e tender pontes entre temas de actualidade e tendencias, así como aspectos formativos e de debate, con cuestións que realmente preocupen a un sector profesional moi amplo e de ámbito multidisciplinar, que está vinculado aos Roteiros Xacobeos: aloxamentos, destinos, pemes de servizos turísticos, restauración, estudantes de turismo etc.
A temática central será a touristificación, que se tratará desde unha perspectiva transversal a través de mesas de debate e coloquios nos que se debaterán temáticas de interese e buscaranse exemplos da súa aplicación que poidan servir de referencia.
