Saltar ao contido

Fairway Santiago 2023

Fairway
mesa-coloquio

1-11-2023

OPEN DAY

Concerto Xabier Díaz

O formato trío é a base do proxecto, cimentado no acordeón de Roberto Grandal e coa zanfona de Iván Costa. Son os piares de todo o que constrúe Xabier Díaz. Grandal é un músico de longa traxectoria, extraordinario pianista, que achega solvencia e contundencia á hora de tocar. Tamén conta cun enorme percorrido Costa, gaiteiro soberbio e un dos mellores zanfonistas de Galicia, que manexa o instrumento dunha maneira sumamente delicado, obtendo uns valores acústicos únicos e intransferibles.

O repertorio enfócase en temas que están moi centrados na voz de Díaz, ou ben que se cinguen a un formato máis íntimo: aquel que funde a instrumentación tradicional co cantar do músico coruñés.

hora

18:30 H - 19:30 H

Lugar

PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA