Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Merchandising gl

Merchandising gl

MAHENE

  • por

Mahene Centro Integrativo é un espazo dedicado ao benestar, a creatividade e o desenvolvemento persoal, combinando arte e psicoloxía para ofrecer produtos con sensibilidade e alma. Inspiradas polo Camiño de Santiago, desenvolvemos merchandising exclusivo para negocios, incluíndo pulseiras artesanais, postais, imáns e murais personalizados. Cada produto transmite a esencia do Camiño e achega un toque único aos espazos de venda.

TIENDAS CATEDRAL DE SANTIAGO

  • por

Tenda oficial da Catedral de Santiago, con produtos exclusivos e librería sobre Santiago e a Catedral

Ideas Peregrinas

  • por

Deseño e produción de Xogos e Mapas dos Camiños de Santiago.
Os produtos que editamos están inspirados no Camiño de Santiago e nas vivencias que experimentamos ao percorrelos. Tanto os nosos xogos como os Mapas do Camiño son unha pequena mostra da enorme variedade de elementos que compoñen o Camiño de Santiago, non só aquilo que vemos a nivel arquitectónico ou paisaxístico, senón tamén a gran diversidade humana e cultural que atopamos. Ofrecemos edicións personalizadas dos nosos produtos adaptadas á túa empresa.