Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Institucional gl

Institucional gl

Turismo Rías Baixas

  • por

Turismo Rías Baixas é o Servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra que ten como fin promover e potenciar todas as actividades que dalgunha maneira tendan ao fomento e desenvolvemento do turismo nos concellos da provincia de Pontevedra, así como mellorar a imaxe turística da mesma a través de diferentes accións e xestións.

Rexión de Murcia-Caravaca de la Cruz Año Jubilar 2024

  • por

A Rexión de Murcia atópase no sueste español no chamado Arco Mediterráneo. Conta con 252 km. de costa e unha gran variedade paisaxística. Outro dos seus principais atractivos é a súa climatoloxía cunhas temperaturas medias que superan os 19º e 300 días de sol ao ano.
Caravaca de la Cruz, destino de peregrinación e devoción celebra un novo Año Jubilar en 2024. A luz xubilar volve acenderse no alto dunha das torres da Basílica e sinala aos peregrinos o camiño para seguir.

Mancomunidade do Salnés

  • por

A Mancomunidade do Salnés é unha Administración Pública de carácter supramunicipal que está integrada polos concellos de: Cambados, Meaño, Meis, A Illa de Arousa, Ribadumia, Sanxenxo, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

  • por

Os concellos que forman parte da mancomunidade (Arzúa, Melide, Moterroso, O Pino, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Samos, Sarria, Triacastela) teñen un camiño común a eles, o cal os fai unirse para defendelo, protexelo, coidalo e publicitalo. Cada concello, cada lugar… ten espazos para o goce de peregrinos e turistas.

Deputación de Lugo

  • por

Organismo oficial do sector público local español (administración provincial) con competencias no ámbito da promoción económica e social da provincia de Lugo e da súa promoción turística.

Correos

  • por

Transportamos a equipaxe dun aloxamento a outro no Camiño de Santiago e achegamos solucións loxísticas ao peregrino: envío de bicicletas, maletas, paquetes e bastóns.

Asturias, Paraíso Natural

  • por

A súa función céntrase na xestión e explotación de equipamentos de índole cultural, turística e deportiva, a provisión de infraestruturas para mellorar o aproveitamento turístico e a prestación de servizos de asesoramento para a promoción do sector e actividades turísticas do Principado de Asturias