GALICIA EXPERIENCE
Galicia Experience é unha axencia de viaxes receptiva con sede en Santiago de Compostela. Desde 2018 ofrece todo tipo de visitas guiadas e experiencias en Galicia; desde circuítos a medida, visitas culturais, teatralizadas, actividades gastronómicas… Agora embárcase nun novo proxecto: a organización do Camiño de Santiago para todos aqueles grupos que queiran facelo dunha maneira organizada e cómoda. Conta ademais cun gran equipo de profesionais con máis de 10 anos no sector, auténticos apaixonados do Camiño, que farán da peregrinación unha experiencia inesquecible. O seu obxectivo é dar a coñecer Galicia, a súa cultura, as súas xentes, a súa historia dunha maneira divertida, amena e única da man dun equipo profesional e autóctono.


